O Ouro de Agrícola
Introducción a O Ouro de Agrícola.
Baixar documento en PDF: critica-agricola
Autor: E.V.Pita
Editorial: Tambre / Catavento
Argumento:
O MAIOR ROUBO DA ANTIGÜEDADE
Ano 83 DC
O naturalista romano Plinio o Vello, na súa estancia en Hispania, calculou que as minas
de ouro de Gallaecia (As Médulas e O Courel, entre outras) aportaban 20.000 libras de
ouro anuais ás contas de Roma. Quen roubase tal fabuloso botín, o maior da
antigüidade, sería inmensamente rico. Pero as minas estaban fortemente custodiadas
pola VII Lexión acampada en Asturica Augusta, que vixiaba tamén ós rebeldes
cántabros.
Parte dese tesouro imperial ía destinado a pagar en moedas de ouro ós lexionarios que
combatían en Britania, ás ordes do gobernador Agrícola. Para guiar cara as illas
británicas á súa flota de galeiras, o emperador flavio mandou construir un faro no
outeiro dunha lonxana illa do Finis Terrae hispano chamada Brigantium.
O ouro das minas galaicas era vital porque, sen a lealdade do exército, o cruel
emperador flavio Domiciano non podería manter o seu poder frente o Senado. Moitos
dos filósofos que se opuseron ó seu dominio foron executados ou exiliados. Só os
avogados Plinio o Novo e Tácito ousaron loitar desde dentro contra a tiranía.
Nesa época, Hispania era xestionada por gobernadores corruptos como Babbio Massa e
os seus colaboradores, que vendían ós cidadáns béticos como escravos para
enriquecerse. Nun famoso proceso, Plinio o Novo denuncia no Senado as
arbitrariedades dos gobernadores hispanos.
Neste contexto, un liberto _a clase social máis cobizosa de Roma_ chamado Severo
Segundo Cecilio, ás ordes do avogado Plinio o Novo, arriba na illa de Brigantium para
entregar unha mensaxe a unha dama romana que pode cambiar o destino de Roma.
A novela guía ó lector pola Gallaecia romana. A personaxe camiña pola illa de
Brigantium onde os romanos están a construir un faro, sube ata un castro en decadencia,
pasea polas factorías de salgadura de Vicus Heleni (Vigo), atravesa as selvas e os
cañóns do río Minios e internase nas minas de ouro de Medulium, nas que empregan o
sistema de derrumbe mediante auga.
Nos diálogos aparecen palabras nativas –transmitidas polos cronistas romanos- como
“balux”, que significa pebida de ouro. Outras palabras proceden das linguas celtas como
“moristargus” (estranxeiro). Tamén se fai referencia a deuses locales como Navia. Estes
detalles teñen a finalidade de recrear a cultura dos castros antes de ser totalmente
romanizada e cristianizada. Moitos dos diálogos son en “versión orixinal” castreña,
libremente adaptada ó léxico de familia céltica que chegou ata hoxe a través de
documentos históricos.
Nun capítulo do libro, os protagonistas saquean un dolmen á procura dun tesouro. Non é
un feito alleo, pois en tempos de Felipe II houbo moitas accións deste tipo.
Tamén se fai referencia ós cabalos asturcóns, moi apreciados en Roma.
Teoría sobre a Torre Hércules e ruta a Britania
O libro defende a teoría de que o faro da illa de Brigantium marcaba a ruta de Britania e
non de Irlanda (Hibernia) como relata a lenda de Breogán e Ith. A razón está en que nos
mapas romanos a illa de Irlanda (Hibernia) está situada erróneamente encima de
Hispania, cando en realidade esa coordenada xeográfica a ocupa o sur de Inglaterra
(onde estaban as minas de estaño das Casitérides). Esto erro cartográfico transmitiuse á
Idade Media, cando se escribiron os relatos de Breogán. Outra proba de que o faro
guiaba o tráfico marítimo cara o Canal da Mancha son as numerosas marcas comerciais
de fabricantes gadetanos que aparecen nas ánforas de aceite atopadas en Bélxica. Outra
proba é a desinterese de Roma por Hibernia. O propio gobernador Agrícola di: “Podería
conquistar esa illa cunha soa lexión” pero o emperador desautoriza esa operación
militar.
O libro tamén mantén que a Torre de Hercules foi construida a finais do século I, que
corresponde coa datación tradicional que se fai, normalmente en época Flavia ou a
primeiros do século II.
Respecto ás minas de ouro de As Médulas, a súa representación basease nos textos dos
antigos, nos que describen o sistema de ruina montium ou fan referencia a cor bermella
do río Minius. Un capítulo do libro desenrolase no Monte Furado do Sil.
A pretensión desta novela de romanos é ofrecer unha historia de intriga e aventuras na
Gallaecia, tratando de convencer ó lector da súa verosimilitude histórica.
..................................................................................................................................................................
REFERENCIAS SOBRE A NOVELA "O OURO DE AGRÍCOLA"
Estas son as referencias publicadas sobre a novela "O Ouro de Agrícola" (Tambre-Edelvives, 2004)
La Voz de Galicia: "DOMINICIANO. Los últimos estudios sitúan la construcción de la Torre en tiempos del emperador romano Domiciano o en los de Claudio. El periodista Enrique Vázquez Pita apuesta por el primero en su novela O ouro de Agrícola, una obra publicada en el 2004 y en la que situaba el comienzo de la edificación entre los años 80-84 del mandato de Domiciano. «Aunque es ficción, la novela no iba desencaminada», sostiene Vázquez, que califica de apasionante todo lo referido al origen de la Torre. El arqueólogo José María Bello apunta hacia el mandato de Claudio y descarta que, como se sostenía hasta ahora, sea de la época de Trajano. Martín Sarmiento escribió que el faro se hizo en tiempos de «Vespasiano o Domiciano o de otro emperador de la familia de los Flavios, y así es patraña que sea fábrica de Hércules».
No hay comentarios:
Publicar un comentario