ESCENA II
DECIMO XUNIO BRUTO CRUZA O RÍO
DÉCIMO XUNIO BRUTO percorre o río ata dar cun paso. Unha néboa lle cubre o camiño e estrañas figuras camiñan pola beira, facendo sinais para que se achegue a eles.
Co estandarte na man, cruza o río lentamente e olla para atrás.
Escoitanse os berros de guerra dos castrexos e os choros dunha ninfa que xurde entre as augas e lle fai sinais para que o sega.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- ¡Son o proconsul Décimo Xuño Bruto, xeneral do éxercito de Roma! Erguín un templo a Hermódoros de Salamina un templo a Marte na cidade das sete colinas. Morto Viriato, loitei contra os lusitanos en ducias de batallas.
O xeneral remata de cruzar o río e baixa o estandarte. Sube a un rocha e dirixese ás súas tropas.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Podedes cruzar. ¡Non hai máis inferno que aquel que mora nos corazóns dos traidores a Roma! ¡Nin máis esquecemento co que consume a conciencia do lume da covardía dos sen nome! ¡Axiña esta terra dos galaicos, á que chamaremos Gallaecia, será civilizada e falará a nosa lingua, que chegará á mar océana, alí onde din que o sol vermello morre no mar cun forte estoupido metálico.
Os lexionarios desconfían e ninguén se atreve a pasar.
CENTURIÓN- ¿Cómo sabemos que non fala o infernal Hades pola túa boca?
DÉCIMO XUNIO BRUTO- ¿Cómo ousas falar así, ti valeroso Caio Cornelio, que loitaches contra Cartago, e que combatische contra Viriato e logo contra os derradeiros rebeldes lusitanos? ¿Non derrotamos á brava tribu de amazonas galaicas que, cos seus fillos ó lombo, loitaban coma expertos guerreiros?
CENTURIÓN- ¡Acórdase de min!
O CENTURIÓN pasa a outra beira e postrase ante o estandarte.
DECIMO XUNIO BRUTO- ¿Cómo estás tan confundido Antonio, que non viche a premonición da nosa victoria?
LEXIONARIO I- ¡Lémbrase de mín!.
O LEXIONAIRO cruza.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Pasade para esta beira, Livio, Marco e Tito, valentes soldados cos que loitei en Olissipo, no monte Herminius e nas campañas dos vacceos. E ti, Cornelio, o máis veterano de nós que combatiche na sitiada Numancia ó mando dos Escipións.
O resto dos LEXIONARIOS cruza o río. Na outra beira, só queda o AUGUR.
CENTURIÓN- Esquecichete de chamar ó augur.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Non lembro ter falado con ningún augur. ¡En marcha!
En formación, TROPAS cuádranse e avanzan.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Continuaremos a marcha ata o mar, ata dar con aquel punto onde din que o sol ponse vermello como unha bola de fogo e afúndese no abismo dos Océanos. Cilivizaremos esta terra incógnita de Gallaecia, chea de ouro.
Na seguinte escena, algunhas tribus van saudar ás tropas romanas, mentras asisten ó espectáculo do solpor en Fisterra.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Non tedes nada que temer, xa que Roma será xenerosa e respeta ós valentes guerreiros galaicos. Romanos e galaicos podemos aprender moito uns dos outros e convivir e facer un mundo mellor, no que compartamos a sabiduría dos gregos, a disciplina de Roma e a bravura dos pobos de Gallaecia. Xuntos fundaremos unha nova cidade que chamaremos Valencia.
Os ROMANOS voltan cruzar ó río acompañados de GUERREIROS galaicos.
Novels, comicbooks and short stories written by E.V.Pita (format PDF or iPad are avaliable). Reading is free but some short stories are protected by Spanish Law of Intellectual Property. / Libros e relatos cortos escritos por E.V.Pita para baixar en PDF para o iPad. Algúns están rexistrados na Propiedade Intelectual. / Relatos cortos de E.V.Pita para descargar libremente y leer on line en PDF con iPad. Algunos textos están protegidos por la ley de Propiedad Intelectual. Autores galegos.
Páginas
- Página principal
- ÍNDICE
- Coronavirus. Álbum de cómic "Cuando todo esto acabe..." (E.V.Pita, 2020)
- Coronavirus: once resúmenes de libros para compren...
- Coronavirus / Cómic / Sansón Troleyro, estudiante ...
- Tesis doctoral sobre la Economía Colaborativa de Internet y el periodismo ciudadano (E.V.Pita, 2016 / USC)
- Grandes rutas
- Héroes literarios
- Reportajes de viajes
- Turbulencias económicas del siglo XXI (1999-2017)
- La era "smartphone" (crónica de 1989 a 2015) (E.V.Pita)
- Novela: Sansón Troleyro
- Novela: O Ouro de Agrícola
- Novela: Europa na mochila
- A Coruña. 800 años de Historia (guión)
- 150 resúmenes de libros de Economía
- Comic book: "Forza Depor!" / Tebeo "Forza Dépor" (...
- Técnicas de maestros del cómic contemporáneo
- CÓMIC - HISTORIA DE LA ECONOMÍA (1776-2019)
- Historia económica de la Humanidad y las Civilizac...
- De Adam Smith a Piketty en 400 resúmenes de libros...
- 350 resúmenes de libros de Economía
martes, 14 de septiembre de 2010
(5) O rio do Esquecemento (Acto III / Escena II)
Etiquetas:
conquista de Hispania,
Decimo Junio Bruto,
galaicos,
Gallaecia,
historia de Roma,
historia Roma Gallaecia,
pelicula Galaicus,
río do Esquecemento,
Roma,
Viriato
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario