miércoles, 4 de agosto de 2010

O Binario Due -Capítulo 2

O BINARIO DUE (1999)

Unha novela ambientada no tren de alta velocidade Oporto-Ferrol

Por Enrique Vázquez-Pita

Borrador da historia orixinal

Segunda parte de "O Pendolino" (Cap. 1 / Cap. 2 / Cap. 3 / Cap. 4)

"O Binario Due" Ver Capítulo 1

CAPÍTULO 2

O home do sorriso, que escoitara o relato, aplaudeu abraiado á rapaza.

-A dúbida sobre o mencer...o que tanto facía sufrir a Hume. Ese cronista romano do que fala vostede é un antecesor dos escépticos. Non sabía que se conservaban uns documentos tan valiosos.

Eu miraba para a costa. Se cadra, o relato da muller dos ollos azuis xelados levaba razón. Eu disculpeime bruscamente:

-Se me permite, baixome nesta parada.

- O indicativo sinalaba Santiago. O home do sorriso replicou: pero vostede tiña unha historia pendiente de rematar.

-É certo e cumprirei a miña promesa. Eu andaba á procura dunha moza de ollos azuis xelados. Non é?

-Así é, aquela que lle esperaba en Marraquest, ou outra?- e o home do sorriso chiscou o ollo. Aquel home sabía ler no corazón da xente. -En Agadir-correxín.

-E ben?

-Decateime de que esa muller me espera en Santiago, nunha plataforma. Hai varias horas que ela agarda o meu regreso.

O home do sorriso ergueu as cellas e retrucou:

-Se me fixera caso eu, de vostede, seguiría ata Ferrol. Hai paradas que só son de paso.

A muller dos ollos azuis miroume con cara de mágoa:

-Quizás a súa historia non remate e teña segunda parte.

-A miña historia remata nesta parada- dixen cun sorriso triste mentras me erguía do asento.

E engadín:

-Amiga, o seu cronista romano viuno moi claro. Hai que vivir no agora, antes de que o sol afunda nas augas. E o meu solpor agora é nesta parada de Compostela.

O home de sorriso replicou:

-O seu agora, o seu hoxe, está aquí, neste sillón, neste tren. E esa parada de Santiago é unha das múltiples posibilidades do seu futuro.

O Pendolino comezou a frear. Moi ao lonxe albiscabanse as torres da Catedral e os teitos da Cidade da Cultura. Tiña que me decidir. Quedaban só poucos segundos.

...........................................

Varios links de viaxes

- Europa en 30 días en tren con InterRail (1994)
- Europa en 30 días en tren con InterRail (2000)
- Bretaña e Normandía (1997)
- O Mediterráneo en tren con InterRail (Grecia e Turquía) (1998)
-Escocia e Stonehegen (1999)

No hay comentarios:

Publicar un comentario