miércoles, 4 de agosto de 2010

Non te aflixas Haraz / Unha viaxe pola antigua Persia

by E.V.Pita ... Picnic in Isphahan (2004) / por E.V.Pita... picnic en Isfahán (2004)


"Non te aflixas, Harazt" (2004)

Unha viaxe pola antigua Persia



Por E.V.Pita

(Texto íntegro)

Publicado co título "Viaxe a Irán" na Revista Buxola, número 0, en 2004.

Abofé, o taxista do Paykans circulaba a grande velocidade pola vía urbana, esquivando en zig-zag outros destartalados vehículos.

Na estrada xurdían pións dos lugares máis inésperados, quen mantiñan o paso ata que o vehículo freaba ou os esquivaba cunha perigosa maniobra.

Outras veces, as motos con tres persoas —o piloto, a súa dona e un fillo— sorteaban en dirección contraria o denso tráfico do centro de Shiraz. Ás veces, os autobuses urbanos —na parte posterior viaxaban as pasaxeiras— ían directos contra o taxi e no último segundo variaban o rumbo.

Sempre no último segundo, o autobús que viña directamente contra o teu coche viraba á dereita. Con razón este é o pais con máis accidentes mortais do mundo pero o inexplicable é que non haxa máis.

O taxi no que eu viaxaba era un esmendrellado Paykans de cor branca, similar a dos dous millóns de coches de marca nacional que circulan por Teherán e que lembraban ós antigos Seat 124.
As nosas mochilas levábamolas atadas no maleteiro cunha correa de goma e sobresaían por fóra.

Na radio do chófer soaba a música iraní, alegre e pegadiza que lembraba ós cantaores de flamenco. En vez dun moneco de Elvis Presley, do cristal penduraba o retrato do imán Hussein —un home barbudo semellante a Sandokan de pelo negro e ollos azuis, sempre cun fondo verde esmeralda e moi querido polo pobo— e un rosario de madeira co que rezan os crentes musulmáns.

A vertixinosa carreira terminou nos xardíns do mausoleo do poeta Hafez, en Shiraz. O taxista négase tres veces á percibir a propina, mais como os viaxeiros insisten, éste acepta segundo os costumes do país. Sempre hai que aceptar un regalo no terceiro ofrecemento.

Na porta do parque, os nenos pedichóns e farrapentos ofrecen os seus paxaros engaiolados para que saquen o papel do destino, unha mensaxe escrita que revela o teu futuro. Aqueles nenos son os únecos pedechóns, xa que o resto dos cativos nunca pide cartos ós estranxeiros. Son os mesmos que venden chicles de banana nas gasolineiras, onde o litro custa 0,07 euros. Gracias a que o Estado subvenciona o petroleo, millóns de coches Paykans circulan polas autoestradas ou as perigosas e polvorentas estradas que van ó Caspio.

Na entrada do parque tamén hai vendedores ambulantes de froita, como os melóns. Pero o más sabroso é o pan, cunha miga de pan da casa e cunha forma que semella a torta hindú. Esnaquizase coas mans e o seu sabor é delicioso cando está quente.

No mauseleo de Hafez, pasado o río seco e as casas de adobe, resoan aínda os poemas que escribeu hai séculos: "Non te aflixas, Hazrat", verbas que semellan lembrar un pranto que invadira todo aquel país. No seu cadaleito, sempre hai rosas.

Ante o forte sol, apeteceunos beber un chá na tetería do parque, un patio enreixado e cuberto de árbores. Os clientes podense deitar en hamacas alfombradas cos pés descalzos. As bebidas quentes con sucre axudan a vencer á calor e invitan á conversa.

Axiña, beber té convertese nun deses momentos de relaxación do día, xunto coa alegre música que soa na tetería do mausoleo. Entre os clientes está un colexio de rapazas, que foron mercar unhas pizzas (semellan as americanas sen queixo).

Tamén aparecen turistas franceses, as señoras cubertas na cabeza co preceptivo paño... pero de cor rosa ou marelo. Unha das viaxeiras deixa entrever algo do seu cabelo caoba, que xurde coma un misterio baixo o paño. É realmente estraño para un occidental non poder ver os peinteados das mulleres, algo ó que sempre estivo afeito. É entón cando un se decata do cautivadora que pode ser unha ollada e das mensaxes que poden transmitir.

A visita á tetería non estaría completa sen fumar un narguile ou pipa de auga con tabaco con sabores variados, mesmo as rosas, o limón ou a Coca-Cola —coñecida alí como Zipi Pam. Cun té e un narguile, o día pasa moito mellor. Só restaría un prato de arroz con especias e polo á barbacoa para disfrutar dunha boa tarde.

Trala visita do mauselo, compre camiñar pola mezquita dos espellos, cuberta totalmente de minúsculos cristais nas paredes e nas cúpulas. Os visitantes infieis poden visitar o templo descalzos, pisando sobre as alfombras. Alí os crentes toman dunha estantería unha pequena pedra cadrada de arxila (e co nome de Alá gravado) que logo apoian na testa cando oran axenlloados. Os visitantes non poden fotografiar o interior pero ninguén impide tomar notas e bocetos, e pintar o seu interior. O silencio é o único compañeiro, xunto co Corán. Fóra, no patio, escoitase correr a auga das fontes ou o rnurmurio do vento e as árbores.

Para chegar ó parque do poeta Hafez, tivemos que atravesar un pequeño bosque, no que as famílias iranianas facían pic-nic. Sentados no céspede, arredor dun mantel, os homes preparaban o té en grandes teteira de aceiro. As mulleres estaban sentadas, ollando para a paixase, e todas cobertas co chador negro. Só as cativas estaban dispensadas daquel manto, que hai que agarrar coa man para cubrir a cara.

Os viaxeiros continuamos a viaxe ó bazar. O inconfundible olor das especias lembra ós mercados de Estambul ou de Marrocos: pementa, té, azafrán ou froitos secos como o pistacho. Estas mercadurías están expostas na rúa en caixas e se pesan cunha pá. Os prezos non están marcados e compre regatear. Os bazares son inmensos centros comerciais nos que pululan entre a escasa iluminación milleiros de clientes, mozos das encargas con carros, mercadurías, e algún mulah.

Nas tendas se poden atopar paños para cubrir a cabeza coas cores máis variadas: dende o amarelo ata o lila.Nas alfombras, destacan motivos tradicionais e xeométricos con retratos do imán chiíta Hussein ou, algo mais moderno e occidental, debuxos da factoría de Walt Disney. Camisetas da selección nacional de Irán, así como banderíns doutros clubes mundiais adornan algunha das tendas. Pratos de metal, xogos de xadres ou caixas decoradas con esceas de caza compretan o lado da artesanía.

A visita non estaría completa sen unha excursión a Persépole, cando cae o sol. Ten que ser a esa hora. Un microbus percorre case unha hora de camiño, pasando por pobos destartalados, ata unha polvorenta explanada, á beira dun monte de pedra. Alí atópase o pazo de Darío, destruido e incendiado por Alexandre O Grande. As inmensas estatuas de leons, aguias e nomes barbudos reciben ó visitante como no seu tipo saudaron ós embaixadores de remotas civilizacións que ían render homenaxe a Darío. As elevadas columnas dan idea da monumentalidade daquel pazo do Rei de Reis. Na montaña está escavada a súa tumba.

Cae a noite, e o sol alumea os cadaleitos na rocha dos reis persas. Perto, unhas ovellas pastan nas praderías gañadas ó deserto. A paz sexa contigo.

O Binario Due -Capítulo 2

O BINARIO DUE (1999)

Unha novela ambientada no tren de alta velocidade Oporto-Ferrol

Por Enrique Vázquez-Pita

Borrador da historia orixinal

Segunda parte de "O Pendolino" (Cap. 1 / Cap. 2 / Cap. 3 / Cap. 4)

"O Binario Due" Ver Capítulo 1

CAPÍTULO 2

O home do sorriso, que escoitara o relato, aplaudeu abraiado á rapaza.

-A dúbida sobre o mencer...o que tanto facía sufrir a Hume. Ese cronista romano do que fala vostede é un antecesor dos escépticos. Non sabía que se conservaban uns documentos tan valiosos.

Eu miraba para a costa. Se cadra, o relato da muller dos ollos azuis xelados levaba razón. Eu disculpeime bruscamente:

-Se me permite, baixome nesta parada.

- O indicativo sinalaba Santiago. O home do sorriso replicou: pero vostede tiña unha historia pendiente de rematar.

-É certo e cumprirei a miña promesa. Eu andaba á procura dunha moza de ollos azuis xelados. Non é?

-Así é, aquela que lle esperaba en Marraquest, ou outra?- e o home do sorriso chiscou o ollo. Aquel home sabía ler no corazón da xente. -En Agadir-correxín.

-E ben?

-Decateime de que esa muller me espera en Santiago, nunha plataforma. Hai varias horas que ela agarda o meu regreso.

O home do sorriso ergueu as cellas e retrucou:

-Se me fixera caso eu, de vostede, seguiría ata Ferrol. Hai paradas que só son de paso.

A muller dos ollos azuis miroume con cara de mágoa:

-Quizás a súa historia non remate e teña segunda parte.

-A miña historia remata nesta parada- dixen cun sorriso triste mentras me erguía do asento.

E engadín:

-Amiga, o seu cronista romano viuno moi claro. Hai que vivir no agora, antes de que o sol afunda nas augas. E o meu solpor agora é nesta parada de Compostela.

O home de sorriso replicou:

-O seu agora, o seu hoxe, está aquí, neste sillón, neste tren. E esa parada de Santiago é unha das múltiples posibilidades do seu futuro.

O Pendolino comezou a frear. Moi ao lonxe albiscabanse as torres da Catedral e os teitos da Cidade da Cultura. Tiña que me decidir. Quedaban só poucos segundos.

...........................................

Varios links de viaxes

- Europa en 30 días en tren con InterRail (1994)
- Europa en 30 días en tren con InterRail (2000)
- Bretaña e Normandía (1997)
- O Mediterráneo en tren con InterRail (Grecia e Turquía) (1998)
-Escocia e Stonehegen (1999)

O Binario Due - Capitulo 1

O BINARIO DUE (1999)

Unha novela ambientada no tren de alta velocidade Oporto-Ferrol
Por Enrique Vázquez-Pita
Borrador da historia orixinal / Correxido e ampliado en 2o10

Segunda parte de "O Pendolino" (Cap. 1 / Cap. 2 / Cap. 3 / Cap. 4)

CAPÍTULO 1

No tren Pendolino de Porto a Ferrol, os tres pasaxeiros escoitaron a miña historia.

Todo empezou na estación Central de Milano. Ainda lembro os altofalantes: "Stazione Centrale di Milano. Il treno arrivara nil binario due".

Abofé, cando me sinto só, recreo na miña cachola a megafonía da estación de Milán. Era como voltar á casa. O binario due é como esa habitación acomodada o teu gusto que serve, en psicoloxía, para aislarte do mundo, para acougar our relaxarte. Ben a ser algo así como un refuxio mental, un colchón.

En Italia sempre te sentías ben, como no teu fogar. Logo de pasar penurias en culturas extrañas, Italia era como a antesala do meu lar. Cando quería facelo chiste imitaba aquel altofalante y recreabame eu só da gracia. Il binario due...Que lembranzas!

Ela máis eu ollaramos pola fiestra do coche e sorrimos mentras axustábamos as mochilas ó lombo. Milán, voltamos á casa. Alí estaba a Stazione Centrale e o Binario Due, a plataforma dous. E alí fora onde a esperei de pé, camiño de Roma.

-É unha historia moi bonita- dixo a pasaxeira dos ollos azuis.

O segundo viaxeiro, o doutor Camoes asintiu, intrigado polo que lles quería contar.

Pero eu continuei:

-A historia non terminou.

A miña mente volvía a unha cidade de Marrocos, pode que Fez ou Marraquest.

-Ou la gare du train, s.v.p.?- preguntei desesperado pola estación nun francés trapalleiro a uns cativos que camiñaban coa bici ás costas.

Percorría anguriado as rúas de Fez, fora das murallas da Cidade Imperial. As agullas do reloxio movianse espelidas e eu tiña presa. Saira da haima xa cando estaba oscurecendo, só alumeado pola lúa chea, e marchei a pé coa mochila ó lombo e morto de medo, non fora selo demo que me deran un pau.

Suaba porque naquel intre estaba perdido nunha estrada que non ía a ningún lado. E o plano tiñao do revés ou era eu quen o vía do revés.

"A gare du train", unha frase que retornou á min: non era difícil voltar aquela vez que me apeei na Gare d'Austerlizt, a dinámica estación parisina do Sul. Era a mesma sensación que Victoria Station. Milleiros de persoas e maletín a toda presa e se metían no Tube. Un espectáculo só comparable a primeira imaxe do Metro de Madrid, con centos de usuarios subindo ó unísono as escaleiras da plataforma da línea azul, a 2, en Sol. "Tout droit! Tout droit!". Todo recto, ata chegar á Nouvelle Ville.

"Tout droit" era outra das miñas frases preferidas. Tiña un anaco de eficiencia, de inmediatez, de chegar ó destino sin demora e sen obstáculos. Non había qué pensar. E aló fun, a fume de carozo.
Esa noite había marchar a Marraquest como fora. Ela estaba alí e, supostamente, me esperaba.

"Un juice d'orange". Outra frase relaxante. Nas portas do Sahara -eles din Saara- non hai nada mellor que tomar un zume de laranxe, sentado nunha mesa da haima despois de percorrer un kilómetro de dunas para asistir, moi cedo, ó amencer no deserto de area, na fronteira con Alxeria.

O sol só é unha tenue luz no oeste que asoma polas nubes que perpetuamente -alí din que unha vez nos derradeiros sete anos- cubren o deserto. O orballo do deserto e mais abraiante ainda que as extrañas criaturas que o poboan. Escarabelos peloteiros de tamaño xigante que pasean indiferentes o teu carón polo medio da haima mentras tomas un chá fervendo -sempre o chá- ou unha cola de tamaño familiar.

Os chaparróns no deserto ou nas kasbas, esas cidades de barro cocido, evocan outro paraiso que burla as leis da física tal como a coñecemos. É un mundo ó revés no que non acougo. Vexo como a choiva molla a chan árido e de fondo unhas casas de barro borrosas, ocultas polo vapor do meu alento e a caida da noite. Da friaxe. Pero agora pedira un juice d'orange na cafetería próxima á rotonda da estación. Un aperitivo antes da viaxe.

Na rotonda da estación de Fez atopei outros mochileiros que, seguramente, tamén agardaban pola chegada do Expreso a Marraqueest, con transbordo en Casablanca. Estes estaban de tertulia arredor da súa mesa, coa sua Coca-Cola de botella de cristal de medio litro e o juice d'orange. O reloxio que presidía a barra do bar marcaba as 23 horas, case á medianoite, ainda que os mochileiros rexíanse pola hora europea, polo que para eles xa era a unha da madrugada.

Un daqueles rapaces caeu grogui na mesa, vencido polo sono. O resto seguía de parola falando das súas aventuras. Logo achegaronse a aquela mesa uns tipos altos, que resultaron ser de Polonia, e outro xoven español que os acompañaba. Este último levaba un sombreiro de ala con pinta de Indiana Jones. Un pano protexía o seu coello e, o curioso, cargaba cunha maleta de hotel. Comezou a falar da súa visita a unha vella cidade perdida.

Volubilis. Outra palabra que me fai lembrar o exótico. A cidade romana dos mosaicos construida as portas da cordillera do Atlas e do deserto do Shara, como eles o pronuncian. O mochileiro con pinta de profesor de arqueoloxía e aventureiro falou os que estábamos alí da misteriosa cidade romá, enclavada nun fértil val, que tamén atrapou ós colonizadores franceses. Dominada polo arco do trunfo de Traxano, aquela cidade perdida no Norde de África evocaba un nostálxico pasado como suministrador oficial de animais salvaxes no Circo.

Cando te situabas na vía máis centrica de Volubilis non podías senon admirar a disposición das tendas dos comerciantes, o saneamiento subterráneo ou os trazados xeométricos dos mosaicos. O reloxio marcabas paseñinamente o tempo, a televisión botaba unha serie de acción e os homes marroquíes esgotaban a noite do sábado conversando e bebendo o té. O tempo pasaba naquel bar pero non a presa dabondo para rematar a espera do tren que me levaría a Marraquest.

-Daquela non eran como agora- apuntou o doutor Camoes cun sorriso. A onde nos querrá levar o noso amigo español co seu relato- preguntou con retranca e certa impaciencia.

-O reloxio deu a hora e todos os mochileiros sairon cara a estación.Na plataforma había máis xente que agardaba o Expresso. Fun á consigna e pedin ó mozo que me dera a mochila, que previamente gardara nun saco azul a cinco dirhams. Era un timo, posto que non era mais que un saco de fío dos que na terra se empregan para gardalas patacas.

Carguei ó lombo o saco azul, como se fora o meu botín ou un completo garrulo, e sain cara a plataforma. Descarguei a mochila e busquei nun saco o teléfono móvil. Non había ningunha menxase para min no buzón de voz. Agora me preguntaba se ela estaría ou non. Decatábame de que fora unha tolería esta viaxe. Ainda que ela estivese, pode que non cambiase nada.

Por qué ía cambiar? Aquela sería unha longa e calurosa noite de viaxe. Pero o primerio sería pelexar cos outros mochileiros por atopar un sitio no vagón para durmir. Nos expresos nocturnos era moi difícil. Alí estábamos todos agardando a chegada do tren, expectantes e preparados para saltar ó vagón.

-E qué pasou?, preguntou o vello, mentras ollaba de esguello á cativa dos ollos azuis. Sen decatarme, o tren xa chegaba a Vigo.

-Van parar en Vigo, ou seguen camiño?

Ninguén se apeaba ainda.

-Pois entón, contareille o resto, de camiño a Santiago- e fixen un xesto triste.

O home do sorriso riu. Mirou para a terceira pasaxeira, a dos ollos azuis xelados.

-Creo que o noso amigo español xa sei por onde vai. Só falta por coñecer a nosa amiga do Centro Pessoa.

A rapaza pechou os ollos e as súas meixelas enroibaron.

-A miña non ten interese. Só son unha bibliotecaria que escribe historias e que nunca visitei os lugares exóticos dos que fala o noso amigo español.

-Pero algunha historia terá que contar. Ou prefire escoitar o fío musical e a ese horrible grupo tan de moda?

-Eu gosto das letras clásicas. Agora estudio un vello relato dun cronista romano que fala da campaña de César nos limites da Lusitania, no que logo sería a provincia da Gallaecia. Di que o sol era negro e que se metía no mar facendo un ruido metálico.

-Será Plinio- aventurei. Coñecía ben aos clásicos -Aquel bó home cría todo canto lle contaban os mariñeiros.

-Non, é alguén anterior. É Tito Casio, liberto da familia Casio e cronista das Acta Diurna. Este dinos que arrepiou de terror naquel solpor.

Puiden maxinar o terror de Tito Casio.

A rapaza continuou o seu relato, mentras o tren mergullabase no túnel de Maceiras. Era unha pena que non poidexemos desfrutar da ría e das bateas ata que o tren volvese saír á superficie en Redondela.

-Era o derradeiro día das Florais, nas calendas de maio, porque así o mencionan varios documentos. Mais naquela terra incognita, nos limes da Lusitania, había frío e vento. De súpeto, o ceo bateu contra o mar. O noso cronista, primeiro veu o grande río vermello e logo escoitou un estrondo coma se o airado Vulcano golpease co seu martelo unha plancha de cobre ou ferro oxidado. Como se Xupiter, señor dos ceos e do Cosmos, rifase coa súa infidel esposa e irmá Xuño.

Os pasaxeiros escoitaban abraiados aquel relato case poético, cheo de dramatisma, en tempos lonxanos.

-Aquel era un ruído metálico tan chirriante que daba grima. O noso cronista puido deducir que o estoupido proviña do horizonte. Abofé, veu por primeira vez como o sol ¡caía na raia do mar!. A grande bola naranxa esvarecíase prodixiosamente no sumideiro, arrastrado ás fervenzas que separan o limbo do mundo.

A moza conseguía transmitir moitas sensacións desacougantes. Conseguía que os seus acompañantes convertiranse en espectadores dun drama clásico.

-Aló, nas limes, infestadas de horribles criaturas, agardaba o barqueiro Carionte para cruzar as almas dos vivos á outra beira. Calqueira mariño tolearía, morto de medo ante aquel canto metálico de sirea. Xúpiter pechaba a porta da morada dos seus lares. Estaba no fin da Terra, nos limes do abismo. E entón alguén da tripulación alertou de que algo no mar estaba vivo e viña cara eles. Cando voltou a ollar aquel sol negro se preguntou se habería mañá trala noite.

A rapaza calou e o pasaxeiro do sorriu ergueu a cella como xeito de invitala a continuar.

-O resto da historia perdeuse.

-Pois, entón, amiga, ou vostede é historiadora ou é poetisa.

-As veces, os fríos datos esconden beleza.

Decateime de que caera no sono e entreabín os ollos. A xanela reflectía os reflexos das luces do compartimento do vagón. O tren saía veloz do longo túnel e só albisquei un borrón no mar que tiña que ser a illa de San Simón e, ao fondo, a ponte ampliada de Rande. Dentro duns minutos, pararíamos en Pontevedra. O convoi freou paseniñamente.

O Pendolino-Capítulo 4

" O PENDOLINO " (1999)

Unha novela ambientada no tren de alta velocidade Oporto-Ferrol
Por Enrique Vázquez-Pita

Borrador da historia orixinal

Ver Capítulo I / Ver Capítulo II / Ver Capítulo III


CAPÍTULO IV

De fondo, soaba un fío musical con música de jazz clásica. Recoñecín a suite Bergamasque-Clair de Lune de Debussy. Aquela peza de piano sempre me conmovera, quizás porque tiña relación con meu estado de ánimo nostálxico.

-O nosa casa era frecuentada polos novos funcionarios que chegaban á cidade. Foi unha época bonita pero nin me acostumei a Macao nin a Angola. África sempre foi allea para min. A calor, as comidas... O que máis me sorprendía era o vento cálido das tardes, nas postas. E o silencio.

-Eu tamén gardo boas lembranzas de Angola. Durante uns anos aquel foi o meu lugar. Eu ainda era mozo. E de todo aquelo xa non queda nada.

Nese intre sonou unha campanilla e abreu as portas eléctricas un mozo, un inmigrante, cun carrito de aperitivos: patacas, refrescos, froitos secos e a mascota do Pendolino, un pequelo galo chamado Gallaecio cunha camiseta cun singular arco da vella: verde, vermella, branco, azul e amarelo. O diseñador cavilara en todolos detalles.

-Que mascota máis horrible-afirmou a moza de ollos azuis xelados.

-Ós nenos góstalles. En realidade, gostalles calqueira animaliño. Se puxeran de mascota un loro ou un can palleiro, gostaríalles igual. Calqueira cousa lles interesa- explicou o home de sorriso, que mercou varias larpeiradas.

-E vostede, o noso amigo español, ¿non mercou o galo de Barcelos ou o viño de Porto?

-Pois depende. Eu andolle mal de cartos para mercar souvenirs.

-Non poderá dicir iso posto que non repara en coller o Pendolino, moito máis caro que o tren eurorrexional que vai pola costa.

-Sí, é certo. Pero é un gasto necesario. Non é o mesmo tardar tres horas en autocar que hora e media en tren. A velocidade compensa.

-Eu non entendo como se gastaron tantos cartos neste tren cando había outras prioridades.

-Supoño que agora está máis perto. Por exemplo, hai dez anos, era impensable ir a Porto e voltar no mesmo día desde o Norte.

-Pero abriron as autoestradas.

A cativa de ollos color Azul Ártico interviu na conversa.

-Eu traballo de bibliotecaria na Fundación Pessoa, en Ferrol. O centro abriuse hai uns anos e dábame preguiza ir os fins de semana ata Porto. Agora, vou e volto co bono mensual. Compensa, incluso facendo o transbordo en Betanzos. Apenas son uns minutos de espera.

-E nunca pensou en facer vida en Ferrol?

-Pois, pode que nun futuro. Pero a miña vida segue en Porto, nunha quinta do Douro. A dona e o home do sorriso amosaronse interesados. -É vostede das familias da Ribeira?

-Non, os meus parentes son de Boa Vista pero agora visito a un amigo dos Gonçalves. Aquelo de "amigo" non soaba moi ben. Sentín unha doenza no corazón.

-Os herdeiros das adegas Virxe do Douro?- preguntou o doutor Camoes, chiscando un ollo á dona.

- Unha das ramas da familia, dos que regresaron do Brasil hai uns anos. Trabei moita amistade cun dos fillos.

-Ouvin dicir que seica as cousas non lles van moi ben agora.

-Eu non lle sabería dicir- replicou a moza con prudencia.

Xa se sabe o que pasa. Vas nun tren, falas de máis, o rumor se extende e logo perdes unha amistade. Polo menos, Ollos Azuis Esquivos sabía ser fidel as súas amistades. O doutor Camoes explicou o motivo da súa viaxe.

-Eu tamén vou a Ferrol a mercar propiedades. Axudo a un amigo meu a seleccionar as mellores casas no Norte para restaurar e vender. Viaxo moito pola costa e nas zonas de praia. É unha comarca moi tranquila, alonxado do turismo e con boas comunicacións. Se vostede traballa na Fundación Pessoa podereime pasar por alí e invitala a un café. Ou tal vez poidamos xantar nun restaurante de confianza na praia de Doniños.

Demo de vello, xa estaba a invitar a Ollos Bonitos a unha cena romántica. Non me podía quedar de brazos cruzados. Aqueles ollos eran unha obsesión.

-En Ferrol hai moita vida social, no clube de campo, de golf. Se me permite, se cadra, un fin de semana eu poda levala a coñecer esos sitios e é posible que xoguemos uns sets de tenis.

A resposta non poido ser máis xélidamente diplomática:

-Non quixera abusar da confianza do meu amigo español. Tal vez máis adiante.

O tren pasaba a gran velocidade polos viñedos, perto da autoestrada. Era divertido ver como os coches ían a paso de tartaruga e nós case voábamos deixando atrás árbores, postes, as proteccións e os travesaños dos raís. Agora o Pendolino acadaba a súa velocidade punta, de 300 kilómetros por hora, antes de frenar para cruzar a ponte do Miño.

O doutor Camoes continuou coa súa historia.

-O tren comeza a ir máis amodo. Debe ser que andamos perto de Valença. Case se ve desde aquí o outeiro da fortaleza.

E alí víase o laberinto de murallas e fortíns. O Pendolino descendeu ata os 125 kilómetros por hora para atravesala ponte do Miño. O espectáculo era grandioso. Vianse ó lonxe os arenais, as illas e a construcción dunha nova ponte da vía rápida entre Caminha e A Guarda e Baiona, obra que despois da crise botaba andar. Antes non era posíble, pero a ponte do Pendolino estaba levantada nunha beira do río desde a que se podía albiscar a desembocadura.

-Eu estiven traballando hai uns anos no centro social de Valença. Foron uns anos bonitos e tristes; e Ollos Xelados dixo esto último con mágoa e cun sorriso amargo.

Supoño que cada un de nós leva dentro algunha historia que non lle saiu ben. Unha espiña sobre a que non me atrevín a preguntar. Os outros compañeiros de viaxe tampouco indagaron. As augas do Miño estaban máis oscuras do que as lembraba. Podía ser polo día, que chovía sen parar, a grandes chouzos. Consultei o reloxio e o mapa do horarios e comprobei que cumpriamos o itinerario ó minuto. O home do sorriso continua a conversa.

-E qué lle trae a Galiza, miña amiga?; referíndose a dona aristocrática. -Busco unha vila de veraneo na praia. Vostede, amigo Camoes, me pode axudar. Sabe que o meu tio Joao enfermou do pulmón e necesita moita tranquilidade.

-Para iso, o mellor son as illas Açores. E o seu tío, que é rico, ainda podería facer algunas operacións financieiras nos bancos do lugar e libre de impostos. O doutor Camoes riou o seu propio chiste, e a amiga lle reprendeu.

-E o noso amigo español -dirindoxeme a min-, non nos vai contar a súa historia? É un lurpias que fai falar aos máis e el, o moi cuco, cala coma un peto.

Eu fixen un pouco de silencio para lembrar e rememorar aqueles tempos.

O Pendolino-Capítulo 3

" O PENDOLINO " (1999)

Unha novela ambientada no tren de alta velocidade Oporto-Ferrol

Por Enrique Vázquez-Pita

Borrador da historia orixinal

CAPÍTULO III

Os pasaxeiros do Pendolino entablaron conversa.

-Macao. Eu tiña unha pequena casa antes da cesión a China. Foi pouco antes de nos vir de Angola. Cómo quedou aquel país!

-Todo quedou como quedou. Sangue, violencia e guerras civís cando nos fumos. Polo menos, con nós había certo orde.- o vello parou, tomou aire e como quen recorda algo, continou resignado repasando toda unha vida nuns minutos- Pero naquela época había que descolonizar, e iso que fumos os derradeiros. Pero, segue, amiga. ¿Desde cando non nos vemos?

-Ben poidera ser desde o cabo de ano do inxenieiro Olivença, ¿decataste? Eu ainda estaba na embaixada cando ocurriu.

-Ben certo é que tiveches unha vida, María, con moitos avatares.

-Vivin épocas felices e tamén a desgracia. Pero hai que esquecer porque así e a lei de vida.

-Así é. Dicías que tiñas unha pequena casa en Macao. Moi poucos querían voltar alí.

-Si, home, por un ou dos anos, sempre había funcionarios dispostos ó ascenso. Na embaixada sempre atopabas xente.

A conversa continuaba e a parella falaba dos seus vellos tempos das colonias. Por non escoitalos, estaba por enchufar uns cascos e as novas gafas virtuais para navegar por Internet. Pero, ainda era moi cedo e casi prefería botar unha cabezada. Entón foi cando a vin. Sí, agora sei que era ela. Como si o seu perfume anticipase a súa chegada. E como se os fotóns que reflexaba a súa ollada viñeran canda min. E o tren iniciou a marcha, primeiro lenta, mentras saiamos da estación e logo comezou a acelerar, tanto como o pulso do meu corazón porque vía que a Ollada Azul viña canda nós, arrastrando tras si unha pequena maleta de rodas.

O monitor do compartimento marcaba a velocidade do convoi, xa sobrapasa os 150 kilómetros por hora e seguía medrando o contador. Subía a 160 e logo 170, e os postes desaparecían, todo desaparecía. Pero estou ben seguro que o meu pulso ainda ía máis rápido. A cativa de ollos azuis achegouse ata nós e díxolle á señora aristocrática que ese era o seu sitio. Pero o home de sorriso interviu e lle pidiu se aceptaba cambiar o sitio. Estaba claro que a muller de ollos azuis asentiría por cortesía.

Pero entón intervin eu cun torpe portugués porque unha casualidade deste tipo non pasa tódolos días:
-Se me permite, o sitio o meu lado está libre.

A cativa sorriu sorprendida.

-Pero si é o meu amigo da Casa da Música. Agora o recoñezo- replicou sorprendida nun portugués correcto.

- Vexo que as bágoas ocultaban unha bonita ollada- respondinlle o mellor que puiden.

Debin de meter a pata, porque inmediatamente dirixiuse á señora de Macao e dixo: "Por favor, cal é a súa praza?". "É a 52", contestou a muller.

Pero o home de sorriso interviu:
-Quedese con nosco e o noso amigo español. Estábamos a punto de escoitar a historia de María de Braganza en Macao-, afirmou o cabaleiro luso.

Eu tamén sorrín con boa cara.

A cativa de ollos como o mar xelado asentiu. "Bueno, oigamos esa historia. Gostanme as historias", engadiu.

-Abofé, eu cheguei a Macao, ¿lembrase doutor Camoes? nos derradeiros anos dos 90.

-Sí, vosté xa vivira en Angola.

-Angola, qué traxedia. Nunca pasei tanto medo. Tantos anos perdidos. ¿Sabia vostede que o meu home tiña unha granxa en Tonga?

-Pero el non traballaba alí.

-Non, pero supervisaba a explotación. O meu home era secretario do embaixador, o inxenieiro Pereira.

-Lembro ben, tivo unha vida moi activa. E logo ainda estivo en Mozambique, uns anos. Alí xa lle perdín a pista. Pero vostede falaba de Macao.

-Sí, Macao. Como lembro aquelas rúas de cores!. Todalas semanas tomaba o transbordador para Honk-Kong, que xa pasara a ser cidade chinesa.

-E cómo estaba aquelo?

-Mellor que Macao. Non me gustaba Honk-Kong porque estaba cheon de autopistas. Sabía que había tres niveis nas rúas; e os peatóns camiñaban pola plataforma máis elevada? Macao, xa sabe, a decadencia. Ainda que nos últimos anos había moita actividade. Había moita inversión nos Casinos e nas salas de xogo. Moitos dos nosos amigos fixeron fortunas. Outros eran funcionarios que desexaban pasar uns anos e logo ascender de regreso a Lisboa. E que aquelo eran outra cultura.

O doutor Camoes suspirou.

-A vella grandeça. E xa non nos queda nada-, afirmou.

O Pendolino achegabase a Braga. Ainda non pasaran dez minutos e o tren acadara a súa velocidade punta de 250 kilómetros por hora. Agora comezaba a frear. Uns cativos paseaban en bici polo campo e nos facían cortes de manga ou saudaban. En fraccións de segundos, desapareceron, como se esvarecían as proteccións metálicas, os postes eléctricos e os árbores, que se vían borrosos. Só perduraba a paixase, sempre a paixase de eucaliptos de verde escuro e as casas brancas.

Perto xa se divisaba Braga, derradeira parada antes de Vigo.

Era unha mágoa que o Pendolino non percorrera a línea de costa. Botaba de menos aquel océano bravo e as praias salvaxes da Costa Verde. Moitas veces soñara con alugar unha casa de verano naquela costa de ondas bravas e dunas.

-Macao. Nunca estiven afeito a aquela vida. A nosa casa estaba perto da zona residencial das embaixadas. Era un lugar agradable e a vida resultaba doada.

-Pero sei ben que a sua familia sufriu moito- apuntou o doutor Camoes, con tacto.

-Foron tempos moi difíciles, e ben o sabe vostede despois do que lle pasou a súa filla. O sorriso do doutor Camoes tornouse triste.

A moza de ollos azuis, que seguira con atención a conversa, interviu:

-Non puiden evitar escoitar a súa conversa- e trala cortesía, engadiu- Permitanme que me presente; son María Pontes.

O resto dos pasaxeiros saudaron corteses. O doutor Camoes deulle pé cun pequeno sorriso para que continuase:

-Supoño que esa foi unha época que eu non vivin e da que agora teñen morriña.

-Eran outros tempos- explicou o doutor Camoes.- Vostede é moi cativa para comprender o que significaba para o noso país aquelas terras que eran parte da nosa cultura. Eu nunca estiven en Macao pero traballei un tempo en Angola.

-A súa presencia foi moi agradecida en Tonga. Foron uns anos moi bós- interviu a señora.

Dende a xanela do Pendolino divisaronse as torres de varias igrexas principais.

-Mire, xa entramos en Braga. Apenas tardou uns minutos. Preguntome porque non construiron antes esta línea. Mesmo Francia e España a tenderon nos anos 80 e 90.

-Era un gasto moi grande naquela época. Despois de todo, tanto ten que se tarde unha hora que dúas entre Lisboa e Porto. Pero o custe era dobre.

O Pendolino cruzaba os campos de vides reducindo a súa velocidade. A estación de Braga estaba na bisbarra. Tiña varias plataformas. Os técnicos estudiaban facer unha conexión con Salamanca, pero aquelo parecía un despilfarro, tendo en conta que agora os viaxeiros podían facer transbordo na Estación Central de Vigo.

-Macao. Como lembro aqueles tempos. Esto xa non é como agora. Xa viu o que pasou cando entraron os países do Leste na Unión Europea. A milla filla menor traballa de funcionaria en Bruxelas e di que a cousa está moi difícil. Hai xente que xa fala nos corredores dunha guerra civil europea, como se fose algo que tivese que pasar si ou si.

-Deus non o queira. Xa tivemos dúas no século pasado.

- A xente parece que non escarmenta. As veces vou pasar un días con ela. Non se pode imaxinar o caro que está o aluguer nesta cidade.

Os pasaxeiros subían ó tren a presa. En dous minutos o Pendolino arrancaría a gran velocidade cara Vigo. Neste traxecto o convoi acadaba a súa velocidade punta de 300 kilómetros. Seino porque o escoitara unha vez no telexornal e me quedara gravado. A esta velocidade, en vinte minutos estaríamos en Vigo. Foi unha mágoa que se suprimiran as estacións de Valença e Tui, pero sempre habería a posibilidade de tomar un tren de cercanías desde Vigo. En realidade, había unha parada en O Porriño, porque era máis doado facer o enlace co tren de velocidade alta de Madrid.

Penso que no futuro, a estación de intercambio sería Ourense, con conexións directas a Santiago e Braga. Pero daquelo se falaba moito e non se facía nada. Eran moitos cartos. Por iso, moitos pasaxeiros apeabanse naquel nudo de comunicacións de O Porriño. Os demáis seguíamos ata Vigo, un ramal que seguía pola costa. Algúns trenes paraban en Pontevedra, pero a maioría seguían directos ata Santiago e A Coruña.

Por sorte, os transportes de cercanías melloraran moito nos últimos anos. Ainda recordo cando viaxar entre A Coruña e Vigo levaba ata dúas horas e cuarto naqueles TRD, cando agora se podía aforrar unha hora ou máis. Non entendo como viviramos na prehistoria tanto tempo.

A dona continuaba coa súa historia sobre Macao.

O Pendolino-Capítulo 2

"O PENDOLINO" (1999)

Unha novela ambientada no tren de alta velocidade Oporto-Ferrol
Por Enrique Vázquez-Pita
Borrador da historia orixinal

CAPÍTULO II

Naquel momento pareceume vela de novo. Alí, no fondo da plataforma S. Aquela era a rapaza da ópera, a das bágoas. Pero estaba moi lonxe e só acertaba ver unha melena rizada. Nin sequera lembraba o seu rostro. Podía ser calqueira. Sei que a súa mirada era azul, dun azul xelado como o a auga transparante do Ártico. Era o azul máis azul que vira. Non sabía se achegarme. ¡E qué lle ía dicir! Seica toleara. Os nosos camiños coincidiran nun punto e logo diverxeran ata perderse.

Era mellor non pensar máis e tirar para adiante. Agarrei o macuto e continuei cara a plataforma N. Alí estaba o Gran Dragón, coma eu lle chamaba porque aquela locomotora de alta velocidade tiña os faros como ollos do demo. Por dentro, os camarotes estaban decorados cunhas luces roxas que centileaban. Sen dúbida, influencia francesa. O revisor xa se achegaba para collelo billete.

Fóra chovía e as pingas de auga esvaraban pola cúpula acristalada. Ás veces, escoitabanse os ruidos dos avións que aterraban na terminal internacional de Sá Carneiro.
Normalmente, polo que me contaron, o Pendolino agardaba por viaxeiros do aeroporto que chegaban con demora. Isto non o facía o servicio directo de Lisboa, e menos o tren que viña de Sevilla, por Faro e o Algarve. Pero esa línea ainda levaba moito retraso.

Subín ao vagón co pequeno macuto ó lombo. Chegara con tempo e había moi pouca xente nas butacas. Tocarame asentos enfrentados con mesa, enfrente dun home xa entrado en anos. Por sorte, tiña a butaca da ventá. Ollei para o andén distraidamente... minto, buscaba á aquela rapaza de ollos extranxeiros. Pero Ollos Azuis xa non estaba na plataforma S, á que se accedía por un túnel. Mirei para o marcador, para o quiosco e para a gran pantalla conectada permanentemente a Internet.

O pasaxeiro sentado enfrente sorriume educadamente, cuns modales exquisitos que só podían vir dun portugués do Norte industrial. Ben poidera ser o dono dunha adega de Porto ou dunha quinta. Pero axiña me decatei de que o seu sorriso ía dirixido a unha muller que entraba no vagón. Os dous saudaronse como vellos camaradas e o cabaleiro fixo un ademán para que se sentase.

-Pode que o sillón esté ocupado, doutor Camoes-, dixo a viaxeira cun tono tan elegante que revelaba a súa procedencia aristocrática.

-Seguro que o seu ocupante, cando veña, o entenderá-, afirmou o home de pelo gris cun sorriso xentil.

Eu seguín ollando á estación. Un revisor corría pola nosa plataforma e cun teléfono móbil facía indicacións ós maquinistas. Os últimos pasaxeiros corrían a toda presa mentras un garda bigotudo da GNR berraba ós empleados.

Eu botei unha ollada á cativa de ollos das Augas do Ártico máis xa non estaba. Esvarecerase, como se fose un espiritu benigno, unha meiga boa, que me fora a despedir, que me acompañaba na miña estancia en Porto. Espero que isto non fora ningunha premonición nin que o Pendolino descarrilase na nova ponte internacional de Valença e logo me tivesen que recoñecer polo reloxio, entre restos de ferruxe. Toquei a mesa e voltei a prestar atención a conversa do vello do sorriso e a dona de importante familia.

O Pendolino-Capítulo 1 (1999)

" O PENDOLINO " (1999)

Unha novela ambientada no tren de alta velocidade Oporto-Ferrol
Por Enrique Vázquez-Pita

Borrador da historia orixinal

CAPÍTULO I

ESTACIÓN DE OPORTO

"To, to, sí". Un home alto e fraco, sorrinte, saía a présa da sala. "Tó, aquí non podo falar. Ligo con vostede nun minuto. Obrigado", contestaba éste polo teléfono móbil mentras pechaba a porta. No derradeiro acto de Tosca, a heroína Margarita tirase polo balcón para evitar ser prendida polo xefe da garda, que mandou fusilar ó seu amado. Era unha cuestión de alta fidelidade. A música entón sube ata as estrelas, sonan as trompetas e o público solta unhas bágoas polo desenlace dramático. Por iso, voltei á Casa de Música, en Boa Vista, perto do Douro, na zona moderna de Porto.

O Metro deixarame a carón, despóis de enlazar na estación Central, na avenida dos Aliados. Aquela ópera sempre me conmoveu e agora tiña a oportunidade de reencontrarme con aquelas personaxes. Tentara convencer a Emma, pero ela, sempre tan práctica, preferira tomar o Pendolino cara Santiago, ou sabe onde. Creo que aquelo estaba acabado. Agora sentíame só e escoitaba os últimos coros de Tosca. Puccini era sen dúbida o mellor. O auditorio apladeu, púxose en pé, algúns visiblemente emocionados. Non me arrepentin de mercar as entradas por Internet, desde o móbil. Sorte para min que ainda sobraban butacas nas primeiras filas. Entón foi cando coñecin á bibliotecaria.

Ela estaba o meu lado e me pediu un pano de papel, visiblemente afectada polo tráxico final de Tosca. Os seus ollos azuis estaban vermellos polas bágoas. Dinllo sen prestar atención e continuei a bater as palmas. O sair, aquela moza que tiña á beira comentou que fora a mellor interpretación que escoitara. Asentín, sen moito interese e sain ós corredores a tomalo aire. Ollei para ela de novo e me chamaron a atención os seus ollos azuis xelo, tan fríos e húmidos polas bagoas do concerto. Non pensei máis no asunto.

Ainda era cedo, e desde Boa Vista vianse as luces da cidade reflexadas na ponte e no río. Ollei para o ceo, para buscar o Dragón, pero estaba nuboso. Só se apreciaba o centileo de Venus e o pálido reflexo da lúa nas nubes. Voltaba a chover e unha pinga de auga deume no naris. Regresei á parada de Metro. O vixilante xa marchara e vin como uns rapaces saltaban o control. Ó chegar á plataforma xa aparecía o tren e tomei a liña 1 ata o barrio vello. Dun salto entrei no vagón, antes de que as portas aumáticas pecharan.

Caín rendido no primeiro asento que vin e apoiei o cóbado entre a barandilla e a cabeza. Por un momento, pechei os ollos. No vagón case valeiro voltei a me atopar con aquela afeizoada á música. A melómana me viu e saudoume distraidamente. Era xa de noite e só había uns inmigrantes que voltaban do traballo, un matrimonio maior e algúns adolescentes que saían de festa. Fumaban, rían e falaban das súas cousas. Pouco a pouco, pasabamos as paradas, case valeiras.

A rapaza ergueuse, puxose a chaqueta para abrigarse e pulsou o botón de apertura. Nin siqueira mirou para se despedir. Ata agora nin me fixara na súa boa figura. Tiña o pelo rizo negro e longo, e vestía longas faldas e chaqueta. Parecía boa chica, metida en libros e música clásica. E seguramente levaría no seu corazón unha historia de amor e desamor, e a alma rota. Os ollos nunca enganan. E aqueles ollos azuis eran moi frios, como se hai tempo perderan a ilusión. No meu interior sonou coma un eco aquela música de Tosca.

E voltei a pensar en Emma, a inxeñeira, dona Perfecta. Ela insistira en viaxar naqueles días festivos ata Braga, a estudiar uns vellos vestixios románs do século IV e unha calzada per loca maritima na serra do Gêres. Menos mal que logo convencina para pasalo resto do día en Porto. Un paseo polas adegas e as quintas do río Douro, a ponte de ferro e a vila restaurada. Chegamos axiña no Pendolino, no tren de marca italiana que unía as principais vilas da eurorrexión. Emma prefería conducir por autopista pero tiña o coche no taller. Sempre ás presas.

O vagón do Metropolitano chegou á plataforma e saín ás presas ata Bairro Vello. Metinme nun local de ambiente e pedin algo de beber. Observaba como unhas mulleres xoves falaban con mariñeiros nos asentos ou bailaban con vellos. A decadencia do Bairro Vello seguía alí, nos seus derradeiros reductos e na roupa nos balcóns. Probei a sair e chamar polo móbil a Emma, pero non contestaba. Polo menos podía avisar para saber se chegara ben. Pero era ela tan independiente e autosuficiente que estaba farta de que a controlara. Bueno, foi ela quen insistiu en percorrer aquela vía romana que chegaba ata Braga.

Camiñei con eses pensamentos ata o hostal. Desde a ventana podianse ver as luces das adegas de Sandeman, os nenos aparcaches pedindo esmola, as barras americanas e as sombras no mar dalgunhas góndolas.

Despertei axiña no hostal da avenida dos Aliados e tomei unhas torradas con manteiga no comedor e un zume de laranxa. Sentiame só, alí, sen nadie perto. Foi un almorzo triste e rápido. Saín cara a parada de Metro, no interior da estación ferroviaria. Desde alí tomaría ó enlace cara a nova estación do Pendolino, o tren de alta velocidade. En 50 minutos estaría en Vigo e en media hora máis chegaría a Santiago. Alí, o Pendolino seguía ata A Coruña e había xente que debía facer un transbordo ata Ferrol na nova estación das aforas. Ainda lembraba cando, de estudante, tiña que facer a mesma distancia en seis horas ou máis.

Ó sair do hostal tropecei cunha morea de xente, moi dinámica e emprendedora, xente de negocios que tiña moita presa. Sumeime a aquela corrente cara a plataforma do Metro. Ainda me quedaban uns billetes do bono de transporte e gardeinos porque a Porto sempre se volta. Cada vez máis. Corrín polos túneis das plataformas na procura da línea 2 que me levaría ata á Nova Estación. Os tubos de neón e os carteis me mareaban un pouco, así como os vendedores de tabaco, os titulares dos xornais dos quioscos e os inmigrantes que barrían o chan. Había moito ruido e actividade. Por sorte non levaba equipaxe, só un deses macutos que agora están tan de moda.

Escoitei o ruido do Metro e saltei varias escaleiras a paso lixeiro e ainda houben de botar unha carreira ata tomar a tempo o vagón sempre atestado de xente seria e ocupada. Fun prestando atención as sinais, faltaban ainda varias estacións. Unha vez tomei alento puiden observar ó resto dos viaxeiros, a maioria traballadores e estudiantes. Hai uns anos diría que aquelo era Londres. Nun dos asentos, unha executiva rifaba por móbil cun empregado a través da videoconferencia.

O problema era o precio dunhas moquetas dun piso. A muller regateaba mentras anotaba nun muestrario. Pegados a min, tres mozos xogaban co último videoxogo en rede e, perto, un inmigrante vía unha película de acción nun DVD portátil. E algo máis adiante, un vello lía o xornal como se nada cambiara. Algúns, entre os que me atopaba, aínda daban cabezadas de sono. Pese a ter rifado con Emma, durmira toda a noite como un anxo. Sinxelamente, dabame todo igual. Xa estaba farto dos seus caprichos e non ía tolear máis polas súas lerias. Cada un polo seu lado e punto.

A estación Nova quedaba de camiño do aeroporto Sá Carneiro e do porto de Leixoes. Estaba todo moi ben pensado. Baixabas do avión e collías o tren Pendolino cara Lisboa, a hora e cuarto. A outra posibilidade era Braga, Vigo, Santiago e as outras cidades do Norte. En Vigo, había a posibilidade de facer o transbordo para Madrid ou París pero, na miña opinión, non pagabala pena. O avión ainda tiña ventaxas nas distancias longas. Din que en Francia e Alemania xa traballaban nun novo sistema por superconducción polo que os trens podían facer distancias continentais nun tempo rídiculo. Falabase de conectar París e Berlín en hora e media, ou algo así.
Pero esto ainda estaba por vir e, daseguro, nós non o iamos ter ata 30 anos despois ou máis.

O Metro xa saía en superficie e percorría a costa exterior do Douro, deixando atrás Leixoes cara o Saá Carneiro. Os avións apenas podían verse porque era un día de néboa. Nuns minutos estaría na Nova Estación, de onde partían os Pendolinos. Moita xente dicía que fora un erro construir unha estación de alta velocidade fora do centro, a diferencia do Eurostar de Londres (na Waterloo Station), o TGV no centro de París ou o AVE en Atocha de Madrid. Pero, os técnicos aseguraban que así conseguían viaxeiros do aeroporto en vós internacionais. Dúas horas en Pendolino ata as mesmas taquillas de facturación do aeroporto. Para facer parada no centro, os técnicos reformaban a estación Vella, nun intercambiador perto do aerporto. Pero aínda estaba en construcción

O convoi da CP, agora tren de Cercanías, entrou na estación Nova dos Caminhos de Ferro Portugueses. Os viaxeiros cargados de maletas buscaron un carrito rápido e continuaron a toda presa, seguindo as sinais, ata a terminal do Pendolino. Non era difícil equivocarse, unha máquina ía para o Norte, outra para o Leste e a outra para o Sul. Por iso, ás plataformas nomeábanse cas iniciais N, L e S. A próxima saída era dentro de vinte minutos, así que ainda me deu tempo a admirar a arquitectura da nova terminal, acristalada, de cor branca e alta como un tempo gótico. Semellaba como se estivesemos dentro do bandullo dunha balea, na que os pilares curvados semellaban as costillas dese imaxinario mamífero. Inxeñería sueca, sen dúbida.

Voltaba a chover e as pingas de auga crepitaban nos cristais. Nas paredes non faltaban os azulexos azuis, fieis a tradición marítima dos almirantes. Había cousas que nunca cambiaban. Acudín rápido á taquilla para recoller o billete que mercara onte por Internet. En realidade, xa coñecía o número da miña plaza, e no caso dunha urxencia podería ir directamente ó tren. E se fora sen billete, sempre podería mercar un tique nas terminais de pago do interior. Pero hoxe ía con tempo. Mentras, tatareaba un preludio de Chopin, creo que Gotas de Auga, que soaba no fío musical da Estación. Logo cambiaron a un fado versionado polos novos grupos da Nova Ola, que realmente estaba moi conseguido.