martes, 14 de septiembre de 2010

(3) O río do Esquecemento ( Acto II / Escena I )

Por E.V.Pita (con documentación de textos de asociación de festa do rio do esquecemento)

ACTO II

ESCENA I

A TRAICIÓN DE VIRIATO

Nun campamento de guerreiros, Viriato (que leva un brazalete) celebra a súa boda e tira da mesa xoias e plata. Erguese da mesa, apoiase na lanza e reparte o botín. Xunto a él están AUDAS, DITALCÓN y MINURO.

VIRIATO- O deus Tongo está do noso lado. Nós que despreciamos as riquezas temos cantas queremos. Quedádevos co ouro que eu só collerei esta lanza e levadelle algo de comida a miña muller.
AUDAS- Quen desprecia as riquezas fala como un rei.
VIRIATO- Os romanos traicionaron o meu pobo indenfenso. Mandaronnos baixar das montañas sen armas con falsas promesas. Unha vez alí, mataron a mulleres e nenos. Eu fun dos poucos que sobrevivín. Agora xuro vinganza a Roma. Pero creo que chegou o momento da paz. Os romanos avanzan hacia o país dos galaicos e teñen case sometida Lusitania. Audas, Ditalcón e Minuro, ide como embaixadores ós romanos para negociar a paz e que os nosos pobos podamos ser amigos.
Os TRES marchan e pola noite regresan e asesinan a VIRIATO.
Logo regresan a ver a CEPIÓN.
AUDAS- Viriato xa está morto. Danos a recompensa.
CEPIÓN- Roma non paga ós traidores.
Os romanos desfilan por todo a area e aniquilan a canto bárbaro atopan.
INCINERACIÓN DE VIRIATO
Mentras, un cortexo fúnebre acompaña a Viriato, que é incinerado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario