Por E.V.Pita (2001)
ESCENA III
DESPEDIDA DE HIDACIO
HIDACIO entra en escena. Só queda el.
HIDACIO- Esta é a vella historia, ocurrida 600 anos atrás, que contan os vellos á carón da lareira e que eu, Hydatyus de Lémica, recollín ó pé da cidade asolagada de Anthioquía para salvagardar a memoria de Gallaecia. Termino de escribir esta crónica no Forum Limicorum, nuns tempos moi difíciles e coa cidade de Roma a punto de sucumbir baixo os bárbaros. Deixo escrito esto para as novas xeracións. Sinto como o barqueiro rema pola lagoa e chama por mín.
Eu, Hydatios de Lémica, en Lémica, no ano 470 de Cristo.
........................FIN.................
Novels, comicbooks and short stories written by E.V.Pita (format PDF or iPad are avaliable). Reading is free but some short stories are protected by Spanish Law of Intellectual Property. / Libros e relatos cortos escritos por E.V.Pita para baixar en PDF para o iPad. Algúns están rexistrados na Propiedade Intelectual. / Relatos cortos de E.V.Pita para descargar libremente y leer on line en PDF con iPad. Algunos textos están protegidos por la ley de Propiedad Intelectual. Autores galegos.
Páginas
- Página principal
- ÍNDICE
- Coronavirus. Álbum de cómic "Cuando todo esto acabe..." (E.V.Pita, 2020)
- Coronavirus: once resúmenes de libros para compren...
- Coronavirus / Cómic / Sansón Troleyro, estudiante ...
- Tesis doctoral sobre la Economía Colaborativa de Internet y el periodismo ciudadano (E.V.Pita, 2016 / USC)
- Grandes rutas
- Héroes literarios
- Reportajes de viajes
- Turbulencias económicas del siglo XXI (1999-2017)
- La era "smartphone" (crónica de 1989 a 2015) (E.V.Pita)
- Novela: Sansón Troleyro
- Novela: O Ouro de Agrícola
- Novela: Europa na mochila
- A Coruña. 800 años de Historia (guión)
- 150 resúmenes de libros de Economía
- Comic book: "Forza Depor!" / Tebeo "Forza Dépor" (...
- Técnicas de maestros del cómic contemporáneo
- CÓMIC - HISTORIA DE LA ECONOMÍA (1776-2019)
- Historia económica de la Humanidad y las Civilizac...
- De Adam Smith a Piketty en 400 resúmenes de libros...
- 350 resúmenes de libros de Economía
martes, 14 de septiembre de 2010
(6) O río do Esquecemento (Acto III, escena III)
Etiquetas:
conquista de Hispania,
conquista Hispania,
Decimo Junio Bruto,
Hidacio,
historia Roma Gallaecia,
O río do Esquecemento,
película Galaicus,
Viriato
(5) O rio do Esquecemento (Acto III / Escena II)
ESCENA II
DECIMO XUNIO BRUTO CRUZA O RÍO
DÉCIMO XUNIO BRUTO percorre o río ata dar cun paso. Unha néboa lle cubre o camiño e estrañas figuras camiñan pola beira, facendo sinais para que se achegue a eles.
Co estandarte na man, cruza o río lentamente e olla para atrás.
Escoitanse os berros de guerra dos castrexos e os choros dunha ninfa que xurde entre as augas e lle fai sinais para que o sega.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- ¡Son o proconsul Décimo Xuño Bruto, xeneral do éxercito de Roma! Erguín un templo a Hermódoros de Salamina un templo a Marte na cidade das sete colinas. Morto Viriato, loitei contra os lusitanos en ducias de batallas.
O xeneral remata de cruzar o río e baixa o estandarte. Sube a un rocha e dirixese ás súas tropas.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Podedes cruzar. ¡Non hai máis inferno que aquel que mora nos corazóns dos traidores a Roma! ¡Nin máis esquecemento co que consume a conciencia do lume da covardía dos sen nome! ¡Axiña esta terra dos galaicos, á que chamaremos Gallaecia, será civilizada e falará a nosa lingua, que chegará á mar océana, alí onde din que o sol vermello morre no mar cun forte estoupido metálico.
Os lexionarios desconfían e ninguén se atreve a pasar.
CENTURIÓN- ¿Cómo sabemos que non fala o infernal Hades pola túa boca?
DÉCIMO XUNIO BRUTO- ¿Cómo ousas falar así, ti valeroso Caio Cornelio, que loitaches contra Cartago, e que combatische contra Viriato e logo contra os derradeiros rebeldes lusitanos? ¿Non derrotamos á brava tribu de amazonas galaicas que, cos seus fillos ó lombo, loitaban coma expertos guerreiros?
CENTURIÓN- ¡Acórdase de min!
O CENTURIÓN pasa a outra beira e postrase ante o estandarte.
DECIMO XUNIO BRUTO- ¿Cómo estás tan confundido Antonio, que non viche a premonición da nosa victoria?
LEXIONARIO I- ¡Lémbrase de mín!.
O LEXIONAIRO cruza.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Pasade para esta beira, Livio, Marco e Tito, valentes soldados cos que loitei en Olissipo, no monte Herminius e nas campañas dos vacceos. E ti, Cornelio, o máis veterano de nós que combatiche na sitiada Numancia ó mando dos Escipións.
O resto dos LEXIONARIOS cruza o río. Na outra beira, só queda o AUGUR.
CENTURIÓN- Esquecichete de chamar ó augur.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Non lembro ter falado con ningún augur. ¡En marcha!
En formación, TROPAS cuádranse e avanzan.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Continuaremos a marcha ata o mar, ata dar con aquel punto onde din que o sol ponse vermello como unha bola de fogo e afúndese no abismo dos Océanos. Cilivizaremos esta terra incógnita de Gallaecia, chea de ouro.
Na seguinte escena, algunhas tribus van saudar ás tropas romanas, mentras asisten ó espectáculo do solpor en Fisterra.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Non tedes nada que temer, xa que Roma será xenerosa e respeta ós valentes guerreiros galaicos. Romanos e galaicos podemos aprender moito uns dos outros e convivir e facer un mundo mellor, no que compartamos a sabiduría dos gregos, a disciplina de Roma e a bravura dos pobos de Gallaecia. Xuntos fundaremos unha nova cidade que chamaremos Valencia.
Os ROMANOS voltan cruzar ó río acompañados de GUERREIROS galaicos.

galaicos,
Gallaecia,
historia de Roma,
historia Roma Gallaecia,
pelicula Galaicus,
río do Esquecemento,
Roma,
Viriato
(4) O río do Esquecemento (Acto III / Escena I)
Por E.V.Pita
ACTO III
ESCENA I
O CRUCE DO RÍO DO ESQUECEMENTO
Soan os páxaros. Os romanos están acampados. Lonxe, o pobo dos castrexos, onde asoman unhas pequenas fogueiras.
IDACIO volve a entrar en escena e continúa a súa narración.
IDACIO- Era mañanciña, cando o exército do procónsul Decimo Xuño Bruto agardaba estaba acampado nos limes da Hispania Ulterior. Sometida Lusitania, o xeneral avanzara hacia ó Norde para castigar ás tribus galaicas que apoiaban ós lusitanos. O exército acampara xunto o río Oblivionis, no límite da terra coñecida.
Décimo Xuño Bruto olla para o horizonte, acompañado dun oficial, que vixia coa ollada en todas as direccións. De fondo, soan aturuxos e sons de paxaros, así como o murmurio das augas dun río. Unha brétema cubre o campo onde están acampados os romanos.
CENTURIÓN- Estamos demasiado o Norde. Non debimos internarnos tanto noterritorio dos bárbaros e bandidos. Estas tribus dos gallacoi son moi bravas. Viven afastadas no confín do mundo e non recoñecen más deuses que os espíritus do bosque e os ríos.
DECIMO XUNIO BRUTO- ¿Ti, centurión Livio Graco, que loitache contra os máis feros guerreiros en Ébora, tamén cres que estamos no confín do mundo? ¿E que esqueces as fabulosas minas de ouro e estaño que esperan por nós na outra beira deste río? Todas esas riquezas serán para nós tras anos de loita. Costounos chegar moito ó país do ouro para agora abandonar.
CENTURIÓN- O río que escoitamos a 900 pés é, sen dúbida, o Letheo, das augas que beben sen cesar os mortos para borrar as lembranzas da vida. Estamos na fronteira entre o mundo dos vivos e os mortos.
Aparece en escena un vello cuberto cunha capa negra e un caxato. É o augur da lexión.
AUGUR - ¡Ten cuidado, valente xeneral! ¡As vísceras das aves sinalan un incerto futuro! Os augurios dos deuses non te son propicios. Escoitei dicir ós indíxenas que todo un exército de guerreiros ártabros perdeuse neste río e que esqueceron a súa patria, as familias e quenes eran eles mesmos. Estamos ante as portas do Inferno, de Hades. Algúns lexionarios contaronme esta noite que viron unha barca que atravesaba unha lagoa e outros tiveron extranos sonos. ¡Era o barqueiro! ¡Non despertes ós mortos, xeneral! ¡Xúpiter castigaranos por tal ousadía!
Os guerreiros á outra beira do río berran e fan auturuxos, retando ós romanos.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Se este é o río do Esquecemento, vello augur ¿cómo explicas que estes bárbaros fáganse chamar a sí mesmos fillos de Anthioco o grego? ¡Nin que fosen os gálatas de Siria! Se estes galos coñecen as súas orixes –cousa rara nos pobos bárbaros- é porque non esqueceron as súas raigames. E ademáis tiveron a ousadía de cruzar o río do Esquecemento para atacar ás invencibles lexións romanas. Roma está no seu dereito de castigar esa agresión e rebeldía.
Entra un EXPLORADOR.
EXPLORADOR- Recorrín como os outros catro xinetes o río darriba a abaixo e non vimos tropas inimigas. Só se escoitan berros nesa lingua indescifrable dos bárbaros.
CENTURIÓN- A lexión está preparada.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- ¡En marcha! ¡Polo pobo de Roma, o Senado e a República!
Pero os soldados non se atreven a cruzar e fican quedos.
DÉCIMO XUNIO BRUTO achégase ó lexionario e arranca un estandarte..
DÉCIMO XUNIO BRUTO- ¡Adiante!
Pero ningún soldado avanza.
CENTURIÓN- Ningún destes lexionarios, que amosou o seu valor nas batallas cos lusitanos, ésta disposto a entrar no Inferno e perder as lembranzas terrenas. O río Limaia, como o chaman os galaicos, é o fin da Terra.
LEXIONARIO I- Esta noite decidimolo nunha xuntanza segreda.
DÉCIMO XUNIO BRUTO- Esta será a nosa derradeira campaña. Voltaremos coas mans cheas de ouro e gloria ás nosas casas e honraremos os deuses dos nosos lares e os nosos antepasados. Lembrade que estades consagrados a Marte, o deus da guerra, e que formades parte da maior civilización do Mundo. ¡Por Roma!.¡Seguide ó noso aguia! Unha lenda non pode ter paralizada ó máis grande maquinaria de guerra, ó invencible exército de Roma.
AUGUR- ¡Por Xúpiter, imos perder ó noso xeneral! ¡Que alguén o deteña!
Pero ninguén se move.

(3) O río do Esquecemento ( Acto II / Escena I )
Por E.V.Pita (con documentación de textos de asociación de festa do rio do esquecemento)
ACTO II
ESCENA I
A TRAICIÓN DE VIRIATO
Nun campamento de guerreiros, Viriato (que leva un brazalete) celebra a súa boda e tira da mesa xoias e plata. Erguese da mesa, apoiase na lanza e reparte o botín. Xunto a él están AUDAS, DITALCÓN y MINURO.
VIRIATO- O deus Tongo está do noso lado. Nós que despreciamos as riquezas temos cantas queremos. Quedádevos co ouro que eu só collerei esta lanza e levadelle algo de comida a miña muller.
AUDAS- Quen desprecia as riquezas fala como un rei.
VIRIATO- Os romanos traicionaron o meu pobo indenfenso. Mandaronnos baixar das montañas sen armas con falsas promesas. Unha vez alí, mataron a mulleres e nenos. Eu fun dos poucos que sobrevivín. Agora xuro vinganza a Roma. Pero creo que chegou o momento da paz. Os romanos avanzan hacia o país dos galaicos e teñen case sometida Lusitania. Audas, Ditalcón e Minuro, ide como embaixadores ós romanos para negociar a paz e que os nosos pobos podamos ser amigos.
Os TRES marchan e pola noite regresan e asesinan a VIRIATO.
Logo regresan a ver a CEPIÓN.
AUDAS- Viriato xa está morto. Danos a recompensa.
CEPIÓN- Roma non paga ós traidores.
Os romanos desfilan por todo a area e aniquilan a canto bárbaro atopan.
INCINERACIÓN DE VIRIATO
Mentras, un cortexo fúnebre acompaña a Viriato, que é incinerado.

río Limia,
Viriato
(2) O Río do Esquecemento (escena II)
Por E.V.Pita (2001)
ESCENA II
O DISCURSO DE IDACIO
As personaxes se retiran. Só IDACIO permanece na area e, mentras camiña, fala ó público.
IDACIO- Eu, Hydatius de Lémica, sinto que o fin do mundo está próximo, tal como temía Agustín de Hipona. Nestes tempos no que os bárbaros saquearon Roma, sei que axiña chegará ó Apocalipse. A miña vida esgotase neste recóndita esquina do Atlántico e só me resta escoitar o corno dos Campos Elíseos que chame por min. No meu retiro do bispado de Aquae Flaviae rematei as crónicas desta cívitas onde nacín, do Forum Limicorum e do río da tribu dos galaicos, que tanta historia acolle e que os supervivintes deben transmitir de xeración en xeración. No ano 616 desde a fundación de Roma, 137 anos denantes da era do Noso Señor Xesucristo...
ESCENA III
A CEREMONIA DRUIDA
O escenario énchese de POBOADORES CASTREXOS (a ser posible, recreación dun poboado castrexo, cunha cabaña ou máis. Tamén hai unhas pedras a xeito de dolmen). Uns castrexos recollen ouro no río con cestas, outros intercambian productos comerciais, hay guerreiros con escudos redondos... Entre eles destaca o MAGO, unha figura cunha túnica branca (se é home con longa barba e se é muller con longas guedellas).
No pobo entra correndo un CASTREXO
CASTREXO I- ¡Abride as portas, tribu dos galaicos! ¡Abride as portas, tribu dos galaicos! ¡Vinde todos, traigo graves novas da Lusitania!.
Os castrexos reúnense en torno ó CASTREXO I.
CASTREXO I – Camiñaba polo río cando vin a unha muller que peinteaba os seus longos cabelos de ouro na beira dunha fonte. Ela fíxome señas para que a seguira ata o centro do río e mandoume ollar para a corrente de auga.
MAGO- Esa muller era unha ninfa protectora dos tesouros da auga e das fontes. E dinos, ¿qué viche no río?
Nunha esquina da escena (entre a néboa), vese a SOLDADOS ROMANOS, que avanzan mentras o xefe DECIMO IUNO BRUTO porta un estandarte.
CASTREXO I- Milleiros de soldados que avanzaban polas selvas e montes. O seu xefe ía a cabalo e portaba un estandarte cunha águila.
Varios guerreiros sacan as súas espadas e petan nos seus escudos. Atención: os guerreiros levan longas guedellas e as súas espadas teñen un mango en forma de antena:
XEFE GUERREIRO- O exército romano da Lusitania ven cara aquí. Non respetaron o tratado de paz cos lusitanos e fixeron unha matanza cando conquistaron a Numancia dos celtíberos, aliados de Cartago. É a guerra. Hai que convocar a todas as tribus do Norte. Chamade ós grovios, os nerios, os cigurros, os lemabos, os leunos, os supertamaricos, os cáporos e os ártabros.
O MAGO diríxese a unha rocha (a ser posible, simular unhas árbores ou carballos). Os poboadores acheganse en procesión e cada castrexo deposita unha vela no camiño e arroxa unha pedra nunha morea. Nas mans levan visco. O MAGO ergue os brazos e invoca ós deuses. (Na pedra pode haber unha ovella ou un prisioneiro de guerra para ser sacrificado a Ares _según di Estrabón-).
MAGO- Deus Ares, deus da guerra, con este sacrificio pedimoste que nos concedas a victoria. Deus Coso, deus dos exércitos, ofrecemosche este sacrificio para que manteñas o orde no mundo. Deus Bandua, oh soberano, ti que tés lazos máxicos coa terra e o ceo, emprega a túa forza e maxia para infundir terror ó enemigo e para inmovilizalo na batalla.
Neste ponto, con grandes efectos especiais e luces, pode sair á escea o DEUS BANDUA, caracterizado por facer cortonsións físicas, aparencia impoñente e fera, guedellas, berros enxordecedores...). Os guerreiros unense en torno a él e petan os escudos.
GUERREIROS: ¡Morte ós romanos! ¡Antes mortos que escravos!
ESCENA IV
OS GUERREIROS DAS TRIBUS DO NORTE SUMANSE Ó BANQUETE NA CITANIA DOS GALAICOS. HAI XOGOS DE COMPETICIÓN E DANZAS
Empezan a chegar guerreiros de todas as tribus.
O XEFE GUERREIRO dalles a benvida, cita o nome da súa tribu, louva as súas fazañas e os invita a sentar na mesa dun banquete, nas que corre a cervexa e a comida incluso se lles pode ofrecer ó público). Hai bailes, danzas e música. As tribus se pintan a cara de cores e danzan ferindo a terra.
XEFE ÁRTABRO- ¡Saudos, tribu dos galaicos, descendentes do grego Antíoco!
XEFE GUERREIRO- ¡Tribu dos ártabros! Sentade connosco.
XEFE ÁRTABRO- Os meus guerreiros teñen medo deste río. Hai moito tempo, un grande exército de valerosos guerreiros ártabros, procedente da lonxana Brigantia, chegou ata este río e cando o cruzaron, o seu xefe esqueceu ós seus pais, muller e fillos. E o mesmo lle pasou ós seus homes. Moitos se perderon nas selvas, outros morreeon como cans en mans dos seus enemigos.. O seu xefe logrou sobrevivir e foi recoñecido nunha praia do gran Océano por uns pescadores ártabros. Regresou o seu fogar máis nunca recuperou a memoria. Era un morto vivinte.
XEFE GUERREIRO- Non temades por este río, xa que os deuses e as ninfas das augas nos protexen. A deusa Calaech, vixilante do río, permitiranos cruzar. Unirémonos ós lusitanos e ó bravo Viriato na loita contra o invasor romano, que por onde vai asesina a indefensas mulleres e nenos.
TODOS- ¡Deusa Calaech, danos forzas na loita! ¡Deusa Calaech! ¡Calaech!
Os guerreiros de todas as tribus petan os seus escudos e marchan ó frente. Sonan os cornos de guerra. A eles únense moitas mulleres, tamén con escudos.
ESCENA V.
A BATALLA ENTRE AS TRIBUS GALAICAS E OS ROMANOS
Avanza EL CONSUL SERVILIO CEPIÓN xunto a un SOLDADO co estandarte. Entra en escea e ás presas un centurión. De fondo, escoitase “¡Calaech! ¡Calaech!”
CENTURIÓN- Oh, procónsul, os nosos espías estaban no certo. O bandido Viriato e os lusitanos reciben apoios das tribus do Norte. Un exército de 50.000 guerreiros ven cara nós.
CÓNSUL SERVILIO CEPIÓN- Xa escoito os seus berros de combate. Preparádevos para a batalla. E, xurade polo honor dos vosos lares e antergos, que impediredes coa vosa vida que o estandarte da lexión caia nas mans do enemigo. ¡Polo pobo e o Senado da República de Roma!
Entran es escena os guerreiros castrexos, con grandes berros, petando os escudos. En frente, os romans agrupanse en perfecta formación de tartaruga e avanzan implacablemente contra os guerreiros. A táctica de guerra dos lusitanos era enganar ó enemigo, polo que os guerreiros finxen unha retirada e cando os romanos rompen a formación para celebrar a victoria, as tribus regresan e hai un grande combate corpo a corpo. Finalmente, a area está chea de corpos dos guerreiros e os romans collen ós supervivintes.
CÓNSUL SERVILIO CEPIÓN- Ti irás ás minas de plata de Gades e ti serás vendido no mercado de Sagunto. Vos traballaredes as terras nun latifundio perto de Roma.
CENTURIÓN- A maioría dos guerreiros levan aneis de ouros e outras pezas. Sospeito que ó Norte ten que haber moitas riquezas. Pero son terras descoñecidas e antes teríamos que vencer ós bandidos lusitanos.
CÓNSUL SERVILIO CEPIÓN - Ouro, hai moito ouro no Norde. Se Roma chega a esas minas, os seus exércitos serán invencibles e poderán arrasar Cartago ata que non quede pedra sobre pedra.

obispo Idacio,
película Galaicus,
río Limia,
Viriato
(1) Río do Esquecemento (Acto I / Escena I) 2001
O RIO DO ESQUECEMENTO
Autor: E.V.Pita
ACTO I
ESCENA I (optativa)
INTRODUCCIÓN: O BARQUEIRO
Treboada. Luces vermellas é néboa espesa. No medio da plaza un BARQUEIRO (cunha longa capa negra que lle cubre o rostro) rema para atravesar un pantano. Un LEXIONARIO ROMANO e un VELLO CEGO cuberto cunha capa e cun caxato observan o fenómeno.
LEXIONARIO MARCO - É moi extraño pero pareceme ver, entre a néboa, a un barqueiro que atravesa o pantano da lagoa.
VELLO CEGO- ¿Acaso non sabes que son cego, amigo Marco? Descríbeme mellor ese fenómeno extraño que ves cos teus ollos. Eu tamén sinto a presencia dese espíritu maligno.
LEXIONARIO MARCO- ¿Queres dicir, vello Antioco, que é o diaño quen navega pola lagoa?
VELLO CEGO - Non é o demo senon un espíritu do alén. Os pagáns romanos chamabánlle Caronte, o barqueiro do río Lethes que trouxo a desgracia a Viriato cando foi traicionado e ós guerreiros ártabros que foron derrotados polas lexións. E tamén lle anunciou a morte ós propios romanos cando, ó mando de Brutus Decimo Xunio, ousaron cruzar ó río do Esquecemento.
LEXIONARIO MARCO- ¿Tan malos presaxios anuncia ese espectro?
VELLO CEGO- Por desgracia, esa pantasma só aparece cando chega a morte e a catástrofe. O barqueiro anda á procura dos mortos para conducilos ó outro lado do río Lethes, no reino dos infernos.
IDACIO –con túnica de monxe ó estilo de San Agustín- súmase á escena.
IDACIO- Deus nos libre destas supersticións de cegos pagáns, das que xa nos advirtiron Orosio e Agustín de Hipona.
VELLO- Idacio, recoñezo a túa voz. Tantos anos aprendendo relixión en Costantinopla e nos Santos Lugares e logo esqueces as tradicións do pobo. Mais, benvido sexas á terra dos teus antergos.
IDACIO- A lectura da vida de San Martiño abriume os ollos e o corazón para distinguir a única verdade das supersticións e a maxia. Esas lendas que contas son cousa dos pagáns celtas a carón da lareira durante as treboadas ou lle rinden tributos os espíritus das fontes e as fragas. Eso que dis vello Antíoco semellan historias de maxia e bruxas como as que propagan os seguidores do mago Prisciliano.
VELLO- Nesta terra son moitos os que pensan que o mundo é imperfecto e que o creador fixo unha mala copia. Ti desprecias a sabiduría dos pagáns que foi transmitida de pais a fillos e de fillos a netos e de netos a bisnetos. Os antigos coñecían os perigos que axexaban tras do río Limia e destes pantanos e pedían protección ás árbores e ás ninfas das fontes. Había un equilibrio entre o ben e o mal.
IDACIO- É certo que o fin do mundo está próximo, como anunciou o noso Señor e diso ninguén ten dúbida, agás os moitos pagáns que viven no monte como feras e bestas bravas sin coñecer a mensaxe. E ti falas como un deses agoreiros tolos, un menciñeiro das covas ou un bruxo que ainda le nas visceras dos animais como facían os adiviños pagáns.
VELLO CEGO – O río e a lagoa están cheos de espíritus e de ninfas que lavan os seus cabelos de ouro na fonte. Estas augas levan moita historia.

Lima,
película Galaicus,
río do Esquecemento,
río Limia,
Viriato
Suscribirse a:
Entradas (Atom)