viernes, 20 de septiembre de 2013

"O Supercurro" (2007, E.V.Pita) / Serie Microrrelatos de la Historia del Mundo

Título: "Supercurro"

Serie Microrrelatos de la Historia del Mundo


Autor: E.V.Pita (2007)

Texto original en:
http://evpitabooks.blogspot.com/2013/09/o-supercurro-2007-evpita.html


"O SUPERCURRO"



O FAMOSO


Maruxa repasaba ao mediodía os seus apuntamentos das oposicións na cabina do Motel Paraíso. Niso chegou un Mercedes e unha man extendeu unha tarxeta de crédito ata a lúa da xanela de recepción.

-Unha hora, por favor- dixo unha voz forte.

A dependente recoñeceu a voz. As camareiras alcumábano mister Volcán. Unha proba dilo era que tiña gravada unha tatuaxe dunha margarita na man.

Maruxa examinou nos monitores os vídeos e revisou nas chaves:

-Habitación 302. Teñen condóns gratis e bombóns.

-Sei o camiño.

Cando o coche pasou a barreira, Maruxa fixouse nunha muller que ía sentada a carón de Mister Volcán. Era un rostro famoso de televisión.



O COCHE AVERIADO DA AUTOESTRADA



"Disque ando do revés e acó me ves coa cabeza ben alta e o mundo baixo os meus pés. O mundo é meu, o asfalto é meu, o reto é meu, o tempo é meu, o xogo é meu, o hip hop é meu... ".

Aquela música rap resoaba a tope polos altofalantes do deportivo vermello coupé. Os latin kings alegraban aquela tarde de cans na que chouzaba a reo. Fulxencio quitou as gafas de sol e ollou para o seu reloxio Rolex e acelerou o Ferrari que lle regalara o seu vello polo seu 18 cumpleanos. Seica o negocio das bateas ía mellor que nunca. Premeu o acelerador e esquiou polas esvaradizas curvas da autovía a Baiona. Daba gusto conducir el só, con toda a pista por diante.

"O mundo é meu... Xamais entenderedes a esencia da rima eterna se a vosa mente enferma segue a andar polas tabernas. Agora todos din: ti es Nacho, gran poeta, o que mellor os mostra o lado oscuro do planeta, a nosa gran arma secreta", repetía ese cantante de rap Nach Poesia Difusa 2003.

As nubes facían un belo espectáculo sobre a ría e as illas Cíes, de xeito que un raio divino saía do ceo e alumeaba o mar. O parabrisas seguía a escupir auga. Adelantou a un Mercedes e coreou, "O mundo é meu e o meu rap butano traerá o verano aos que andan a procura da paz" mentras facía xiros coas mans.

O conductor albiscou algúns cabalos salvaxes e os seus potros que corrían baixo a choiva polas penas, á beira da calzada.

Fulxencio albiscou unhas luces vermellas entre o bafo do parabrisas. Cadraba como se un coche, un Seat Panda vello, estivese averiado e un home tirado no chan. Pareceulle raro que non tivese os triángulos postos. Unha muller vestida cuns pantalóns blancos e unha cazadora de coiro, desde o capó, facíalle sinais de auxilio para que detese a marcha. O rapaz volveu ollar para o seu Rólex e acelerou a velocidade. Se aqueles desgraciados tiñan problemas, que chamasen polo móvil a unha grúa. "Xa parará outro", pensou. Quería chegar a tempo a praia América para pillar 60 euros a un amigo de confianza, que tiña a mellor perica.

Polo espello retrovisor, Fulxencio comprobou como, o cabo dun cacho, paraba un Mercedes e se baixaba un home para axudar a aqueles accidentados. O rapaz sinteuse culpable e esperaba que non lle collesen a súa matrícula para denuncialo por denegación de auxilio. Esperaba que o seu pai o sacase do lío, como as outras veces.

"O mundo é meu. Se mo rouban, serei un Doberman", seguía a soar o rapeiro.


COMEZA O DÍA

A serea soou cun grande estrondo e as gueivotas ergueron o vó. Caín Trampallán despertou suoroso e baldado, como se lle desen unha malleira. As luces dos camións percorrían o teito. Escoitaba esvarar as pingas pola fiestra. Meteu a cabeza sobre a almofada e segueu a durmir un cacho ata que sonou o despertador-radio.

"Novas de última hora. Atopan un Mercedes destrozado e a un matrimonio ferido dunha malleira. Uns atracadores simularon estar feridos na calzada e, cando o conductor, foi axudalo, saíu do campo unha banda de asaltantes e lles pegaron para roubarlles. As víctimas están na uci e se teme polas súas vidas".

Caín Trampallán bufou e cambiou a canle á procura do dial de Os 40 Principais. Soaba a marchosa canción de Madonna Hung Up e, contaxiado, o rapaz ergueu a perna e tirou as sabanas. Era hora de se levantar; hoxe tiña moito choio. Tras sair do retrete, vestiu un chándal e camiñou polo corredor ata o salón onde durmía, no sofá, un dos seus compañeiros de piso. Enriba da súa cabeza tiña uns apuntes de Informática. Sentou ante o ordenador e veu como seguía a descargar unha película porno de Internet. A conexión tiñana pirateada a un veciño mediante o acceso inalámbrico. Caín tecleou a clave de acceso do seu correo de Internet e abreu un e-mail. Os colegas enviaranlle o texto en formato PDF da maquetación do Fanzine contracultural. Apañou axiña uns folios e puxo a imprimir o choio. Como o cartucho de tinta negra estaba case baleiro, imprimiu unha copia borrosa e con trazos blancos do Fanzine do Pirata. Apañou as follas, colleu un anorak e pechou a porta do piso dun portazo.

Baixou axiña a costa e entrou no bar As Almas Perdidas. Deixou a súa carpeta na barra.

-Ponme café americano en vaso cunhas pingas.

Varios mariños discutían na mesa. Caín líu por enriba do ombreiro dun cliente a primeira plana do Faro: "Novo e brutal golpe da banda dos atracadores da autoestrada". O Atlántico tamén lle dedicaba un gran espazo: "Golpearon as súas vítimas cunha chave ingresa". E na Voz, "Ferido un empresario dos estaleiros e a súa amante". O mesmo, cos gratuítos. Caín bufou enfurruñado, Todos traían o mesmo. Así que buscou o Marca.

Os mariños coñecían a vítima: "¿Non te decatas? É o que ten o Mercedes é Farruco, o de Naval Vigo".

-É un dos que ía asinar o convenio. Aínda lle han botar a culpa aos da folga do Metal.

Caín seguiu a ler o principio da Liga no Marca. Consultou o reloxo e camiñou ata a parada do Vitrasa, na que había outras estudantes.

Sentou no fondo do bus. Aínda lle quedaba case unha hora de viaxe ata o campus.

Diante, unhas rapazas falaban sobre os preparativos da festa de Teleco, que tería lugar dentro de mes e medio.

Outra estudante discutía sobre a vida: "Ten que haber algo máis".

No hay comentarios:

Publicar un comentario