jueves, 3 de febrero de 2011

(Cap. 1) Rosalía de Castro "Z" / Negra Sombra "Zombi" (capítulo 1)

Baixar versión de capítulo 1 en PDF: aquí

ROSALÍA DE CASTRO "Z" / NEGRA SOMBRA "Zombi"
Autor: E.V.Pita
ENGLISH: no avaliable
ESPAÑOL: no disponible
GALEGO : baixar microrelato Rosalía de Castro Zombi en PDF

1884. A locomotora do tren de A Coruña, Lugo, Ponferrada, e Madrid, da compañía francesa-hispana Asturias-Galicia-León, cruzou a modo unha longa ponte de ferro sobre o río Sil, case tan alto como o viaducto de Chanda, en Lugo. Unha sombra esvareceuse de contado nunha beira na que se pousaba a andamiaxe de arcos e cruces metálicos e de pedra. Nun compartimento do coche de primeira clase, unha viaxeira de rostro sereno, amplio vestido oscuro, crechas negras e faciana embracuxada sacou da súa bolsa de viaxe unha pequena pistola e pousouna na súa saia, onda un caderno de notas. A pasaxeira ollou cavilante para a fiestra e levou un lápis aos seus beizos. No fondo do abismo da ponte albiscou unha verde paisaxe e un gran río, o Sil, franquexado por canons de pedra. Unha bágoa esvarou polas meixelas da viaxeira mais secouna axiña cun pano. Os tempos non estaban para chorar. A escena foi observada por un pasaxeiro sentado ao seu fronte. Este limpaba impasible unha carabina Winchester de repetición dos primeiros modelos de 1854. O home introduxo dous cartuchos na recámara.
-Señora, con todo o respecto, ese xoguete só fai fume, non lle salvará a vida.
-Prefiriría non ter que empregalo nunca.
 -Admiro a súa sensibilidade. Por desgraza, nestes tempos tan difíciles, ninguén está a salvo. Mais antes de seguir a falar, permítame que me presente. Son don Anselmo, fidalgo de Betanzos.
-Rosalía de Castro de Murguía. O meu home máis eu somos de Santiago, temos casa en Padrón, mais agora vivimos na Cruña cos nosos fillos. Eles xa escaparon hai uns días nun vapor. Nós aproveitamos que xa esté en servizo a línea de A Coruña e Madrid, despois de tantos retrasos e todo isto que está a pasar.
 -Serán 20 horas de viaxe pero pagará a pena se conseguimos saír desta.
-Cre que haberá fusión entre a compañía Asturias-Galicia-León e a Compañía do Norte? Iso daría un pulo á construcción dos camiños de ferro.
 -Francamente, agora mesmo iso é o que menos me importa. O viaxeiro apuntou os caños do seu rifle cara a fiestra. Apreixou lenemente o gatillo e fixo un "clic", como de quen disparaba.
-Bang...- rosmou don Anselmo e sorriu.
-Parece boa escopeta.
-Importada de segunda man de América, dos primeiros modelos do 54. É cousa do demo, dispara dúas veces daseguido e a moita distancia, a unha legua polo menos. Xa tiven oportunidade de probalo hai uns días e deita calquera cousa que se lle poña diante.
-As veces me pregunto que mal lle pode facer unha bala a cousas que non son deste mundo.
-Espiritu ou materia... o eterno dilema. Pois eu penso que, desgraciadamente, nos enfrontamos a cousas materiais, non as pantasmas da Santa Compaña das que falan os nosos contos e lendas. Estas ánimas en pena non se esvarecen no ar. Ao que nos enfrentamos é algo pior, ao que non estamos afeitos.
 -Topouse con eles?- preguntou a viaxeira a modo. Non quería aparentar estar preocupada de máis, mais unha pinga de suor esvarou pola súa testa.
-Non tema, non estou infectado - e o viaxeiro amosoulle o seu colo limpo e a pel do brazo, sen bostelas nen feridas por mordidas.
- Vinnos de lonxe e xa abondou. Hai uns días, houben de defender o meu pazo con este rifle. Varios dos meus labregos foron infectados, unha desgraza. Perdín moitas rendas nunha semana. E os outros alugueiros fuxiron arrepiados das miñas terras. Quen vai querer sachar coa epidemia solta polo campo? Marchei á procura dun sitio máis seguro, ata que o mal desapareza.

-A xente marcha da nosa terra.

-Corren para Castela, moita máis segura.

 -Mais penso que non é só pola praga.

 -Señora, á xente sana e coa cabeza no seu sitio, nunca mellor dito, escapa a Castela porque alí non hai tanta enfermidade nin fame.

-Eu mesma vin ringleiras de labregos camiñando ata os campos casteláns. Alí só lles espera traballo duro por un cacho de pan valorado, mofado e negro.

-Mellor iso que sufrir a epidemia. Viu ao seu carón a algún infectado? Son o máis parecido ao diaño, nada deste mundo. Don Anselmo dirixiu o seu rifle cara o cristal da fiestra e disparou como de quen ao fondo do abismo, no río.
-Bang, bang....
A muller calou e o home ensinoulle uns cartuchos de gran calibre.

-Estas balas fan furados ben gordos. Sabe para quen hei reservar unha destas? E vostede, por qué marcha?

-As campás de Bastabales non paraban de repinicar durante dúas semanas seguidas. Tocaban a morto polo día e a alarma e perigo pola noite. Unha noite houbo silencio e sentín que morría de soidades.
O fidalgo carraspexou e calou.
De súpeto, a locomotora detivose no medio da ponte e don Anselmo botou unha ollada pola fiestra. Todo parecía normal alí embaixo e ó longo do convoi. Non se decatou dunhas sombras que se movían torpemente entre os pilares e a plataforma do camiño de ferro.
-Debe ser que o maquinista parou para facer algún amaño. Nese intre, entrou no compartimento un home de idade madura, de lentes, barba blanca e chisteira negra alta.
 -Algunha novidade, Rosalía? A muller negou coa cabeza.
-Estaba a falar con este amable señor, querido.
-Manuel Murguía, encantado- estendeu a man o home da chisteira.
- Son o arquiveiro municipal de A Coruña e do Reino de Galicia.
-Anselmo, fidalgo de Betanzos. Teño unha pregunta. As veces me pregunto se esta praga é a primeira e xa houbo outros casos.
-Boa pregunta, porque se os houbo antes, temos algunha esperanza.
-Se é arquiveiro, atoparía algunha referencia histórica á praga.
-É pouco doado dar con elas porque aparecen agochadas como lendas populares ou cousas do demo ou da bruxería. Pero o erudito Salazar, que está a escreber a biografía da heroína María Pita, atopou varios diarios escritos por mariñeiros e oficiais durante un ataque pirata á cidade de Curuña en 1589.
-Por qué son importantes eses diarios? Qué relación teñen? Salazar sospeita que María Pita derrotou a unha flota ingresa que estaba infectada e que desembarcou en Curuña, como os cartógrafos chamaban entón a vila. As testemuñas describen aos asaltantes como "cans do mar", "xente rabiosa que botaba escuma pola boca", "sedentos de sangue", "facianas deformes".
-É coma calquera describiría a un inimigo, non si?
 -Si, pero un artilleiro descríbeos como "guerreiros tan bravos que non descansan en paz".
-Iso non é ningunha proba concluinte.
-Mais engade: "Atravesamos cunha bóla de cañón a o soldado que portaba a bandeira inglesa e este ergueuse do chan e sigueu a atacar co burato no corpo. Entón, María Pita, que perdera ao seu home na batalla, feriuno de morte -é un xeito de falar- e quitoulle a bandeira".
-Se cadra, é un feito aislado. Se realmente, un exército de infectados atacou Curuña porque non se soubo máis do asunto.
-Os labregos e campesiños deron moitas testemuñas do que estaba a ocurrir mais a súa palabra tiña pouca credibilidade nos tribunais ou ante a Santa Inquisición. Ninguén quería admitir que loitara contra seres doutro mundo porque podería rematar na fogueira. Cando chegue a Madrid, vou pedir documentos segredos do Santo Oficio, á procura de máis probas.
-Querido, cóntalle a historia do xeneral John Moore, do que escribín hai pouco un poema, cando visitei o seu cadaleito no xardín de San Carlos.
-É moi longo. Tivemos que desenterrar, con permiso do embaixador de Inglaterra, o cadáver de varios soldados das tropas británicas dos Green Jackets que loitaron na batalla de Elviña, durante a guerra de Independencia española, e foron enterrados como herois pola súa bravura no combate. Cando recuperamos os seus corpos, descubrimos que os seus ósos presentaban arrepiantes feridas e cortes da loita aos que ninguén podería sobrevivir. E, nembargantes, eles seguiron loitando ferozmente pese a estar, técnicamente,... mortos. Aquelas pantasmas sedentas de sangue sembraron o pánico entre as filas dos húsares franceses de Soult. Todos eles foron condecorados postumamente coas máis altas distincións. Grazas a eses infectados, as tropas británicas lograron embarcar a tempo no porto da Coruña e fuxir. Todos calaron ante o arrepiante relato.
-E que pasou co xeneral Moore.
-A versión oficial admite que unha bala de canón destrozou o seu peito. Ninguén pode sobrevivir a esas feridas pero, un oficial, conta que o xeneral foi evacuado por cuatro gaiteiros escoceses e que morreu pola noite nunha casa de Coruña.
-Que cree que foi o que pasou realmente?
-Pois que, se cadra, Moore tamén estaba infectado e que os seus homes sacarono do campo de batalla discretamente para rematalo sen desmoralizar ás tropas.
-Ten probas diso.
-Non obtivemos permiso para abrir o seu cadaleito. O seu mausoleo está rodeado dun valado con picas de ferro e a grosa losa é de pedra. Necesitarianse oito homes para levantala. Eu me preguno: Por que un xeneral de tan alto rango, da aristocracia, non foi enterrado con todos os honores en Inglaterra? Dez anos antes, meteron a Nelson nunha barrica de licor para levalo de Trafalgar a Londres e conmemorar a súa victoria. Durante anos, a prensa inglesa atacou a Moore, dixo que era un covarde que fuxiu de Napoléon sen prantarlle cara. O que non din é que non fuxían dos dragóns de Soult senon dun exército infectado que destrozaba todo o seu paso. Os labregos dos Ancares falan de soldados ingleses descontrolados que se adicaban á pillaxe ou de franceses especialmente feroces, crueis e inhumanos. Moore tentaba atraer a Soult cara o mar para aillar a epidemia, onde non poidera facer máis mal.
 -Sempre pensamos que as atrocidades que pintou Francisco de Goya eran propaganda. Rosalía examinou as súas follas en branco e ollou para a fiestra.
 -Non son capaz de escribir. Todo isto me bloquea e supera. Cando rematará este pesadelo?
-É normal que esteas paralisada. Pensa no afortunados que fumos ao atopar un billete de tren para Madrid. A praga avanza por terra máis esta liña de tren permitiranos ganar unhas valiosas semanas.
-Penso nos labregos humildes que venden todo o que teñen e se agolpan nos peiraos da Coruña e de Vigo para atopar un sitio nos barcos que marchan cara América. Outros coitados escapan a pé ata Castela. Hai unha negra sombra que está invadindo a nosa terra, unha mancha que se estende por cada vila ou parroquia.

-Nin sequera sabemos se estaremos seguros en Madrid. Esas bandas de infectados avanzan, dan volta, andan por aquí e por acolá. Se te atopas coa Santa Compaña sabes que nunca debes deterte nos cruceiros pero estes outros mortos vivintes só cabe unha cousa: disparar e fuxir. O maquinista do tren deu varios pitidos.
 -Seica imos arrancar. Agora hai que estar vixiantes. Disparade a calqueira cousa que vexades que se move. De súpeto, escoitaronse os primeiros tiros e unhas sombras avanzaron cara o convoi. Murguía sacou dous pistolóns dun maletín e don Anselmo esnaquizou o cristal da ventanilla.
-Esperemos que o maquinista arranque axiña. Rosalía berrou cando viu a uns homes encorvados que escalaban os piares da ponte e alcanzaban as vías. Unha vez arriba, viña directos cara o convoi.
-Disparade agora. Xa veñen. Os tres abriron fogo e abatiron a algúns daqueles cadávares andantes, que despois de caer volvíanse a erguer. Niso, no corredor do vagón apareceu un revisor ensanguentado cos ollos en branco.
 -Xa está morto, disparade! Don Anselmo apuntou e deu de cheo ao revisor que caeu o chan.
-Temos que axudar ao maquinista a arrincar. Os tres cambiaron de vagón, xunto a moitos pasaxeiros arrepiados. Niso, Rosalía, veu como un arrepiante home penduraba pola fiestra e rachaba o cristal.
-Dispara, agora. Rosalía apuntoulle co súa pequena pistola pero non puido apretar o gatillo. Sentiu que lle ardía a pel e logo todo o seu arredor tinxíase de vermello. O seu home, Murguía, acababa de disparar o seu otro pistolón contra o morto vivinte, que caeu desplomado. Os tres seguiron a correr cara o seguinte vagón. Rosalía sentiu que lle ardía o hombreiro pero continou a súa marcha. Os maquinistas e varios pasaxeiros loitaban con palas e ferros contra uns zombis que querían encaramarse na locomotora. Don Anselmo bateu a dous co seu rifle. O tren arrancou e lograron deixar atrás a aquela banda de zombies e a varios pasaxeiros infectados polos que xa nada se podía facer. Xa recuperados do susto, taparon a ventanilla cunha cortina. Rosalía sentou e tomou o seu caderno, e escribiu:
 -Adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos, xa non sei cando nos veremos. O tren continou a súa marcha a gran velocidade. Rosalía gardou o seu pequeno revólver no seu bolso. Murguía decatouse de que o vestido de Rosalía tiña unha rascadura á altura do hombro e unha pequena ferida.
-Como te fixeche ese corte, querida? Rosalía sorriu mais os seus ollos brilaron estranamente.
-Algunha rabuñadura na sala de máquinas, querido. Non é nada.

Sabía que tardaría moito tempo en volver a súa terra. A praga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario