Ver capitulo 1 aquí
Por E.V.Pita (2011)
Negra Sombra Z
CAPÍTULO 2
Cinco anos atrás.
A Coruña. 188o. Arquivo do Reino de Galicia.
Un home baixo, de traxe, barba e lentes, pousou a súa longa chisteira e o abrigo na mesa, onda varios expedientes. Os legaxos parecían moi antigos, nen sequera era papel senón pergamiño, e estaban escritos en galego moi antiguo, case latín. Manchas de humidade, graxa ou algún outro fluido corpóreo salugaban o texto. Tiñan que ter centos de anos. Levaban o selo dun león e da mitra compostelá. Logo llo ensinaría á súa dona, a ver que opinaba.
Dera con aqueles estraños documentos por casualidade. O seu colega, o historiador Salazar, pediralle ao arquivo unhas relacións dos enterramentos do ano 1646 porque tentaba localizar o rexistro parroquial da defunción de Mayor de Cámara Pita, máis coñecida como María Pita, a heroína xa esquecida que, 300 anos antes, defendera Curuña dun ataque pirata. Salazar estaba a escreber a súa biografía, porque no ano 1889 o Concello ía conmemorar o terceiro centenario da súa fazaña contra os corsarios ingleses comandados por Francisco Dradque, como se refiren a el as crónicas locais, ou Sir Francis Drake. Sen embargo, había moitas lagunas na súa biografía. E a máis importante era onde estaba a súa tumba. O biografo tiña unha pista: o convento dos dominicos, reconstruido na Cidade Alta.
Sin embargo, aquel legaxo que tiña nas mans non falaba de María Pita senón dunha donación de terras que logo ocupou o convento de Santo Domingo extramuros do burgo de Crunia, pouco despóis de ser refundada polo oitavo rei de Galicia e León, Alfonso IX. Por algunha razón, ese legaxo mexturouse entre unha morea de expedentes relativos á presencia desa orde monacal na Coruña.
O home moveu unha campanilla e entrou no cuarto un asistente, sempre disposto.
-Sí, señor director.
O arquiveiro xefe era un home amable pero sempre esixía á máxima dilixencia.
-Baltasar, traéme a lupa e manda recado á miña muller de que esta tarde quedarei no despacho. Teño que mirar uns papeis e hame levar tempo.
-Si, señor.
O empregado marchou e ao pechar a porta leu, como moitas outras veces, un cartel que dicía: "Arquiveiro xefe do Arquivo do Reino de Galicia, Manuel Antonio Murguía". O asistente preguntábase que tipo de tarefa podería ter tan ocupado ao historiador.
Cando o empregado volveu coa lupa, Murguía examinou detidamente a letra do documento e buscou quen o asinaba. Baixo a firma do rei Alfonso IX, albiscou outras dúas firmas distintas que non todas as letras eran lexibles: "U...R... C A " e "...LM...REZ". O arquiveiro xefe sorriu satisfeito. Acababa de atopar un documento moi valioso e mandou recado a Salazar para que viñese de contado.
As campás do convento franciscano deron as cinco da tarde. Murguía examinou cunha lupa o documento escrito en latín que examinaba tiña un selo dun león, detalle que o situaba antes de 1230, cando o reino de León e Galicia e o de Castela se uniron baixo a coroa de Fernando II o Santo . O legaxo contiña máis pistas. A palabra “dracus” ou dragón, proxima a “bellica populum”, que significaba xente guerreira, e a palabra “mare”, sen dúbida referida a “mar”. Unha última pista: “Septentrium”, que significaba Norte.
O arquiveiro do Reino de Galicia petou cos dedos na mesa e sorriu: o que tiña diante era un texto en latín que falaba dos guerreiros do mar, que desembarcaban nos “barcos dos dragóns” e que Murguía identificou cos temibles “drakars” viquingos para facer pillaxes. Alo menos, os ataques empezaron no século VIII e IX e seguiron ata o ano 1100. O documento parecía unha crónica dalgún escriba ás ordes do arcebispo de Compostela, Diego Xelmirez e señor de gran parte de Galicia. A proba estaba nas letras "..LM..EZ" asociadas a "U..R...CA", a raíña de León, dona Urraca. Ambolos dous eran contemporáneos e protagonizaran episodios épicos en Compostela.
Xelmirez era unha especie de monxe e guerreiro. O arcebispo edificou torres de vixiancia por toda a costa, como en Catoira, para protexer Compostela dos piratas normandos, dos viquingos ou das tropas do califa de Córdoba. O arquiveiro sabía, segundo lle contara o erudito coruñés Tettamanci, que o poderoso Xelmirez tamén fortificara como castelo as ruinas da torre da illa do Faro. Referíase á “columna” que 200 anos despois, o rei castelán Alfonso X o Sabio bautizou como Torre de Hércules, tras ter noticias das lendas que rexistrou un cronista musulmán.
Murguía ergueuse e osmou pola fiestra ao xardín de San Carlos, antes o polvorín, e albiscou o xeneral John Moore, o heroe da batalla de Elviña, librada contra o mariscal napoleónico Soult en 1809. A súa dona, Rosalía de Castro escribira recentemente uns poemas adicados ao infortunado militar británico, ferido de morte por unha bala de cañón. A vista de Murguía perdeuse cara a ría e o faro de Mera e imaxiou a auga repleta de drakkars.
Novels, comicbooks and short stories written by E.V.Pita (format PDF or iPad are avaliable). Reading is free but some short stories are protected by Spanish Law of Intellectual Property. / Libros e relatos cortos escritos por E.V.Pita para baixar en PDF para o iPad. Algúns están rexistrados na Propiedade Intelectual. / Relatos cortos de E.V.Pita para descargar libremente y leer on line en PDF con iPad. Algunos textos están protegidos por la ley de Propiedad Intelectual. Autores galegos.
Páginas
- Página principal
- ÍNDICE
- Coronavirus. Álbum de cómic "Cuando todo esto acabe..." (E.V.Pita, 2020)
- Coronavirus: once resúmenes de libros para compren...
- Coronavirus / Cómic / Sansón Troleyro, estudiante ...
- Tesis doctoral sobre la Economía Colaborativa de Internet y el periodismo ciudadano (E.V.Pita, 2016 / USC)
- Grandes rutas
- Héroes literarios
- Reportajes de viajes
- Turbulencias económicas del siglo XXI (1999-2017)
- La era "smartphone" (crónica de 1989 a 2015) (E.V.Pita)
- Novela: Sansón Troleyro
- Novela: O Ouro de Agrícola
- Novela: Europa na mochila
- A Coruña. 800 años de Historia (guión)
- 150 resúmenes de libros de Economía
- Comic book: "Forza Depor!" / Tebeo "Forza Dépor" (...
- Técnicas de maestros del cómic contemporáneo
- CÓMIC - HISTORIA DE LA ECONOMÍA (1776-2019)
- Historia económica de la Humanidad y las Civilizac...
- De Adam Smith a Piketty en 400 resúmenes de libros...
- 350 resúmenes de libros de Economía